O pasado domingo, 12 de xullo, rematou en Compostela a peregrinación por etapas, que durante varias fins de semana, realizou un grupo de veciños e veciñas de Barreiros. Segundo explica o tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, “o compañeirismo e a amistade estiveron presentes durante todas as etapas desta andaina. Creo que todos quedamos con ganas de facer o vindeiro ano outro camiño, quizáis o Francés ou o Primitivo, pero coa novidade de chegar a Fisterra”.
O edil popular subliña que “o esforzo mereceu a pena porque o ambiente foi estupendo. Houbo días de sufrimento baixo un sol de xustiza, pero unha vez que estás no Monte do Gozo, a tan só 4 kms de Santiago, todas as penas se converten en alegrías. Todos cumpriron co seu sono de chegar a Compostela”. Ademais de veciñ@s de Barreiros tamén acudiron a esta peregrinación dúas ribadenses, dous laurentinos e un focense.