Lugo, 13 de xullo de 2015.- A APSX Sagrado Corazón organiza o XI Clinic Lugo é Basket, o domingo 19 de Xullo no Pazo dos Deportes de Lugo, coa presenza de Gustavo Aranzana, Trifón Poch e Lisardo Gómez; todos eles adestradores de baloncesto de gran prestixio a nivel nacional e internacional. O clinic desenvolverase baixo o seguinte programa:
10:45 – Presentación e Entrega de material.
11:00 – Gustavo Aranzana: Exercicios para a mellora da lectura no xogo.
12:45 – Gustavo Aranzana: Toma de decisións e axustes no xogo.
17:00 – Trifón Poch: Toma de decisións en ataque e en defensa.
18:30 – Trifón Poch: Defensa individual, conceptos e exercicios para mellorar a actividade e a iniciativa.
20:00 – Lisardo Gómez: Conceptos básicos defensivos.
A todos os asistentes se lle entregarán os impresos oficiais do clinic e a súa asistencia validará 8 horas de formación continua para adestradores.
O custo da inscrición será de 30 €, con descontos para grupos (consultar), e para facela efectiva chegará con enviar os datos persoais a ajsc_lugo@hotmail.com, achegando o ingreso correspondente no n.º de conta 2080 – 0151 – 19 -3040007121 de Abanca.
A APSX Sagrado Corazón quere ademáis agradecer a colaboración de Ferros Ferreiro, Hotel Méndez Núñez e Mazo de Santa Comba.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
