Alfoz, 13 de xuño de 2015.- Este domingo no Castelo de Castro de Ouro tivo lugar a presentación do XVIII Mercado Medieval de Alfoz, a celebrar este venres 17 e sábado 18 de xullo, a cargo da comisión organizadora.
O programa do Mercado deste 2015 recollerá os seguintes actos:
VENRES 17 DE XULLO
21:00 h Función de monicreques “A voda de Sabeliña”
21:00 h Xa arrecende o Castro a pan, carnes, polbo,… a gloria bendita. Hoxe é a noite da véspera.
22:00 h Chega Pardo de Cela ó Castrodouro. Recíbeo dona Isabel de Castro acompañada do Bispo de Mondoñedo don Fadrique de Guzmán. Encontro co pobo.
22:30 h Lectura dramatizada da obra “Pedro e Constanza” de Manuel Lourenzo, a cargo do propio autor acompañado de Sabela Quirós.
23:00 h Vodas e danzas medievais.
00:00 h Queimada e conxuro.
Escorrentadas a meigas, coa música dos “Gaiteiros de San Ciprián” desfrutaremos o que queda de noite.
SÁBADO 18 DE XULLO
9:00 h VII ruta de sendeirismo “Polas pegadas do Mariscal” percorrendo pazos, torres e paraxes con remate no Museo da auga, en Finca Galea.
11:00 h É o día grande. A maxia invade o val… Fidalgos, labregos e xentes de ben dan vida á vila do Castro e ó “XVII Mercado Medieval de Alfoz”.
11:15 h O Mariscal e o seu séquito convocan ós presentes no patio de armas para escoitar o pregón a cargo de D. Antón Meilán, Catedrático da Universidade de Oviedo e estudoso da figura de Pardo de Cela.
12:00 h Nomeamento e bendición dos Escudeiros do Castro a cargo do Mariscal e do Bispo de Mondoñedo D. Fadrique de Guzmán. Os máis pequenos comezan unha viaxe inesquecible.
12:30 h Exhibición de cetrería.
13:00 h Teatro de monicreques: “O concurso de teatro”.
13:30 h Asalto ás tabernas. A Todamira e A fonda do Cabaleiro deféndense do asedio con chourizos e torresmos.
14:00 h Unha boa hora para xantar e merecido descanso.
15:00 h Os sons de Souto Xímaro fannos soñar espertos. Estamos en 1483.
15:30 h O rebumbio dos Escudeiros do Castro e a arte do mellor bufón do Reino de Galicia contaxian de alegría o Castrodouro.
16:30 h Demostración e proba de tiro con arco.
17:00 h Voo de aves rapaces.
18: 00 h Xogos ecuestres medievais.
18:45 h Comeza a Percura do segredo do Mariscal.
19:00 h As tabernas fannos pecar de novo. Ós torresmos e chourizos perdoámoslle o mal que nos fan polo ben que nos saben. Un día é un día.
19:30 h Función de Trécola espectáculo. “N° 8. A rúa dos contos”.
21:00 h Cea medieval composta de mazá, empanada, xamón, chourizos, pan e viño.
23:30 h Escenificación “O delirio do Mariscal” e Queimada.
00:30 h Concerto a cargo do grupo “Os Carunchos”.
Os tíckets para a cea medieval pódense adquirir anticipadamente na Casa do Concello de Alfoz e o día do Mercado na Torre Fortaleza. O prezo é de 12€ por persoa, e dá dereito á cea, á queimada e ao correspondente prato e cunca artesanal como recordo do acto.
Este é o resultado dun soño feito realidade por ser compartido. Posible polo amor e entrega de moitos a este evento e pola axuda decisiva de outros tantos. En especial a dos veciños do Castro. Os nosos cómplices. Non nos quedan palabras…”Isto é voso”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



