A boas horas mangas verdes e Rajoy inspirado fala dun “Plan de reconciliación social” como da nova panacea que pretende ilusionar aos millóns de españois na pobreza, a miles de universitarios sen beca, a millóns de parados sen subsidio ou ás voces cidadás amordazadas.
Aterrado, o Presidente, pola paulatina defunción do Partido Popular á vista das pasadas eleccións e do pronóstico das que se aveciñan, pon en marcha forzada os motores do seu equipo de goberno e do partido, para comerse todos os seus argumentos anteriores, baixar impostos sen criterio, endulzar un pouco aos seus oponentes internos e elaborar un discurso machacante contra vento e marea para que nos repita unha e outra vez que os corruptos son outros e que a salvación de España está en mans do PP. Nada novo cara ao sol.
E aínda que o sol acelérenos o optimismo e o calor aletargue a indignación, algunhas noticias férennos como espiñas de toxo en carne aberta. Mulleres e nenas asasinadas polos seus terroristas particulares nos últimos días de xullo espolean a rabia e volvemos empezar. atopámonos coa falta total de interese do goberno en defender e protexer ás vítimas, en outorgar un papel primordial á educación en igualdade, en dotar de medios os recursos destinados a tal fin.
A Garda Civil denuncia presións de superiores para que non se valoren situacións de risco medio-alto porque non hai medios para a protección; fontes do ámbito xurídico proclaman que non se forma aos xuíces, avogados e corpos de seguridade para a súa intervención ante estas denuncias; a descoordinación na cadea de protección é tercermundista; as casas de acolleita funcionan baixo mínimos vergonzosos; as asociacións do ramo morren de inanición, só queda diñeiro para que a FAES e a Fundación Francisco Franco enxalcen a figura e o ideario do Generalísimo e propoñan máis retornos ao vello Código Penal da Ditadura.
A Lei contra a Violencia de Xénero aprobada polo goberno de Zapatero sentou un fito de vanguardia internacional en defensa e prevención das mártires dunha violencia endémica nas in-culturas paterno-machistas, pero ao chegar o PP, á maquinaría negóuselle a gasolina e se fomentó a discriminación machista empezando polos colexios e consentindo o estereotipo macho a todos os niveis. ¡Vaia Plan!.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



