Burela, 19 de agosto de 2015. Academia A Mariña, centro acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, está en posesión da resolución de autorización para impartir accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes a obtención de certificados de profesionalidade.
Segundo explica o director do centro, Ramón Hermida, “coa mirada posta no mercado laboral e valorando que, a partir do día 31 de decembro de 2015, será obrigatorio estar acreditado na cualificación profesional de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, para poder traballar nestes organismos, Academia A Mariña impartirá este certificado a partir do 7 de setembro e ata o 4 de decembro, con prácticas incluídas. O horario será de tarde”. O prazo de inscrición remata este venres.