Ribadeo, 5 de agosto de 2015.- Estes días dan comezo as obras de acondicionamento exterior da biblioteca El Viejo Pancho, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista sinala que “desde comezos desta semana estanse a poñer en marcha as obras de acondicionamento exterior da Biblioteca El Viejo Pancho. Vaise pintar a fachada exterior, reparar a cornixa de madeira e tamén recuperar a carpintaría exterior e pintala. Polo que se refire á fachada, procederase á limpeza e posterior pintado tanto da lateral que da á rúa Antonio Otero, como da principal. Así mesmo, recuperarase a carpintaría exterior de todas as ventás e portas de balconada, ademais da porta de acceso. Ao mesmo tempo, tamén se procederá ao rascado e pintado da cornixa de madeira do edificio no seu perímetro”.
Graña indicou que “esta obra de acondicionamento exterior da Biblioteca El Viejo Pancho é posíbel grazas ao convenio asinado coa Deputación Provincial de Lugo sendo no seu momento delegado de Cultura, Mario Outeiro Iglesias. O orzamento desta obra é de 23.350,70 euros dos cales o Concello aporta o 5%. O prazo de execución é de dous meses”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “con esta obra de acondicionamento exterior, o Concello súmase tamén ao esforzo de recuperación e adecentamento que están a facer os veciños e veciñas do casco histórico. Paso a paso, lograremos que a nosa zona vella sexa cada vez máis atractiva e agradábel para nós mesmos como ribadenses e para todas as persoas que nos visiten”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



