Ribadeo, 3 de agosto de 2015.- Este luns, 3 de agosto, ábrese o prazo de preinscrición no II Taller de Harmonización Corporal que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM.
“Trátase dunha proposta de traballo corporal cun obxectivo claro: aportar sensación de benestar e aliviar dores articulares e musculares para mulleres”, sinalan desde o CIM.
Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Igualdade, explica que hoxe se abre a preinscripción para participar nunha nova edición do Taller de Harmonización Corporal para mulleres, dada a boa acollida que tivo a primeira. Nesta ocasión os Talleres desenrolaranse dende o 14 de setembro ata 18 de decembro de 2015”.
A concelleira nacionalista lembra que “nesta segunda edición ofertase a posibilidade de facer grupos dun máximo de dez persoas, en quendas de mañá ou de tarde. A sesión terá una duración aproximada dunha hora, e o horario dentro do que se poderá elixir é: luns e xoves, de 10 a 11 horas ou de 11 a 12 horas, para aquelas que só teñan dispoñibles as mañás; martes, de 17:30 horas a 18:30 ou de 18:30 a 19:30 horas; e xoves, de 18 a 19 ou de 19 a 20 horas”.
Álvarez Lastra engadiu que “ademais agora as mulleres usuarias terán a opción de elixir si queren asistir a unha ou dúas sesións por semana. Dado o interese social acadado na anterior edición o Concello de Ribadeo subvenciona parcialmente o custe desta actividade, para que poida chegar ao maior número de veciñas. No caso de acudir una hora á semana o custe mensual será para a usuaria de 5 euros, e si quixese vir dúas horas á semana o custe sería de 10 euros”.
As interesadas pódense preinscribirse nas oficinas do Centro de Información a Muller sita no Auditorio Hernán Naval, rúa Bos Aires, s/n de 9 da mañá a dúas da tarde ou no seguinte número de teléfono: 982 120 739. O período de preinscrición rematará o 21 de agosto.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



