Burela, 24 de agosto de 2015. A Concellería de Medio Ambiente e o Centro de Educación Medioambiental Gaia realizaron o pasado venres unha actividade de recoñecemento de invertebrados na praia do Portelo. A iniciativa ía dirixida aos cativos e con ela os organizadores agardan concienciar aos máis pequenos sobre os valores do medio ambiente: “trátase dunha actividade lúdica para os nenos á vez que traballan valores medioambientais formándose como usuarios responsables das praias e coñecendo especies do noso litoral”.
A actividade, que comezou cara as 11:30 horas da mañá, arrincou cunha pequena introdución sobre a clasificación dos invertebrados e as súas características. Máis tarde os participantes puxeron a proba a súa destreza manual pescando cunhas cañas e con esquieiros nunhas pequenas piscinas cheas de auga azul, pequenas especies de plástico existentes no litoral que os rapaces identificaron e clasificaron, e tamén lixo (redes, boias, plásticos…), simulando un mar sucio que hai que manter limpo. A concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, achegouse tamén ao areal e mesmo participou nas actividades pescando cos cativos.
“Esta iniciativa forma parte dunha serie de obradoiros e actividades – entre elas, Decálogo da miña Praia, Á Praia andando ou en bicicleta) que se levan facendo ao longo de todo o verán e que pretenden fomentar a conservación do medio ambiente e do recursos naturais”, lembran desde Gaia.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



