Nova rectificación do Goberno de Candia tras a chapuza que fixo co reparto das Axudas ao Fogar, que foi alertada polo Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo para a súa inmediata corrección.
O Executivo provincial do Partido Popular convocou o pasado vernes, 7 de agosto, ás 10:00 horas, a Comisión de Valoración para a concesión das subvencións aos Concellos coas que sufragar os gastos das Axudas ao Fogar.
Nesta convocatoria, o Goberno de Candia entregou ao membros da Comisión de Valoración, entres os que se atopaban dous representantes do PSOE, un único documento con dúas páxinas co reparto das axudas entres os 66 Concellos da provincia, todos agás o de Lugo. É dicir, non se facilitou documentación algunha na que se clarificase o porqué das diferentes cantidades que recibe cada municipio. Ante a falta de información, o Grupo Provincial Socialista abstívose na votación.
Tras rematar o encontro, o Goberno de Candia informou telefónicamente ao Grupo Provincial Socialista que había “erros aritméticos”, textualmente, na documentación votada, así como que na Mesa de Valoración había máis membros dos correspondentes, segundo recollen as bases do SAF. Por este motivo, os populares propuxeron aos socialistas modificar, directamente, a Acta da sesión para que solo figurase os integrantes debidos, anulando deste xeito e sen máis a presenza doutros. Ademais, decidiron enviar por correo electrónico a documentación definitiva tras corrixir os “erros aritméticos” detectados. Así o fixeron preto das 14:00 horas do venres.
A pesares de todas estas chapuzas, o Goberno de Candia tiña convocado para hoxe, mércores 12 de agosto, unha Xunta de Goberno Extraordinaria na que aprobar, definitivamente, o reparto das Axudas ao Fogar.
Coñecida esta convocatoria, o Grupo Provincial Socialista alertou ao Goberno de Candia de que isto non se podía facer, posto que na Comisión de Valoración nin tan sequera se votou a documentación correcta, nin se celebrou como recollen as bases, polo que era imprescindible celebrar outra.
Visto que o PSOE non ía ser partícipe nin ía a consentir esta chapuza, o Executivo do PP viuse na obriga de rectificar e convocar unha nova Comisión de Valoración para o vindeiro venres, 14 de agosto, ás 09:00 horas, co obxectivo de aprobar o reparto do SAF na Xunta de Goberno Provincial ordinaria dese mesmo día.
O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo non entende o oscurantismo e as presas do Goberno de Candia coas Axudas ao Fogar polo que está a avaliar polo miúdo e cos poucos datos facilitados polo PP o reparto destas subvencións entre os 66 Concellos lugueses.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



