Ribadeo, 17 de agosto de 2015. Onte, día de San Roque, saíron ás rúas de Ribadeo os Cocos e o Concello quere agradecer á Asociación Amigos dos Cocos que este percorrido fose posible un ano máis. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou o seu recoñecemento ao “esforzo feito polos Amigos dos Cocos para que os nosos entrañables Coco e Coca e os seus fillos, os Cabezudos, saíran á rúa para bailar e alegrar coa súa presenza a toda a veciñanza e aos visitantes”.
O edil nacionalista dixo que “tras case século e medio de historia, os xigantes e cabezudos ribadenses volveron ser o mollo das nosas festas, son o fundamental, son a esencia, e son o tesouro enorme que están agardando os nenos para poder velos e bailar ao seu carón. Saíron un ano máis á vía pública e volveron xerar sorrisos e ilusións nas caras das nosas pícaras e pícaros e na xente adulta”.
Graña chama tamén a manter esta tradición tan querida polos veciños de Ribadeo: “para que isto fora posible os Amigos dos Cocos fixeron un gran esforzo en tempo, dedicación e ilusión posta no coidado dos nosos Cocos e os seus fillos, Os Cabezudos. Queremos felicitar en especial o empeño posto en elaborarlle un novo traxe á Coca. Animamos a seguir mantendo viva esa tradición tan nosa e damos unha vez máis as grazas por todo o esforzo realizado”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



