Foz, 6 de agosto de 2015.- O Torneo Vila de Foz de Tenis está a piques de iniciar unha nova edición, desta vez a número 17ª, organizada un ano máis polo Club de Tenis de Foz coa colaboración do Concello. Será entre os días 14 e 23 de agosto e o prazo de inscrición para os que desexen participar está aberto ata o día 12. Terá, como noutros anos, dúas modalidades: individual e dobre.
O presidente do Club de Tenis de Foz, Ramón Cajoto, deu algúns detalles sobre o desenvolvemento do torneo: “as inscricións pódense facer no bar Salado, que está enfronte da estación de servizo, ao lado das pistas de tenis, ou ben facer un ingreso nunha conta do Banco Sabadell que ten o Club. Simplemente con dicir que é para a inscrición é suficiente, non é necesario anotar a conta nin moito menos. Tamén poden chamarme a min por teléfono, que é 619 60 44 95”.
Un día despois do peche das inscricións, o 13 de agosto, celebrarase o sorteo ás 20:30 horas nas pistas de tenis do Concello, para comezar o 14 co torneo. As finais serán o domingo 23.
Cajoto destacou que as cotas para os participantes son baratas para axudar a que a xente se anime a inscribirse: “as cotas para socios son de 10 euros tanto individual como dobre. Para os non socios serán de 15 euros nas dúas modalidades. Poñémolo ao alcance de todo o mundo porque agora aquí en Foz hai moita xente pasando o verán e queremos facilitar que participen neste tipo de eventos e que sexan accesibles a todo o mundo.
Tamén o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, se referiu ao Torneo Vila de Foz na mañá deste xoves, unha competición na que o Concello participa como colaborado: “trátase dun torneo de tenis de moi bo nivel, no que participan xogadores locais, da Mariña e foráneos que se achegan a Foz en épocas estivais para gozar do noso municipio. É un torneo que ten sempre moita participación e hai moita xente que se achega ás instalacións do Club de Tenis, as instalacións municipais que están detrás do pavillón é onde se vai desenvolver o torneo. Animo a todo o mundo e aos afeccionados ao tenis a que veñan gozar a Foz do bo tenis, do bo tempo e que, se queren gozar tamén do pobo, o fagan porque estamos en festas”.
O rexedor salientou a traxectoria do Club de Tenis e o seu traballo na dinamización deportiva da vila: “dámoslle a noraboa ao Club de Tenis de Foz, que un ano máis que fai un traballo marabilloso non só na organización deste torneo senón tamén durante todo o ano. O Club ten unha das mellores ligas da Mariña e da provincia de Lugo, moita xente vinculada ao deporte e moitos rapaces, que é o máis importante. Están facendo un traballo fabuloso e dende o Concello desexámoslles a máxima sorte para este torneo”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
