Lourenzá, 5 de agosto de 2015.- O pasado domingo, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, celebrou o Día da Asociación por terceiro ano consecutivo. Reuniu case un cento de camiñantes, entre os que se contaban unha trintena de integrantes de “Pasada das Cabras” de Burela, asociación coa que os Laurentinos comparten alguhas rutas do calendario anual.
Realizaron un percorrido de 12 kms, de carácter circular, con inicio e remate na Área Recreativa de A Cazolga; e degustaron unha churrascada ó final da andaina. A tarde completouse con baile, xogos e algún baño no Río Masma, para compensar as elevadas temperaturas que houbo esa xornada.