Lugo, 10 de setembro de 2015.- O deputado delegado de Cultura, Francisco Balado, presentou este xoves a programación de actividades tanto escolares como extraescolares da Rede Museística Provincial para este curso 2015/2016. A maiores de cursos para os máis pequenos, esta oferta educativa tamén inclúe obradoiros creativos e propostas que ofrecerán os catro museos da Rede tanto para xente de mediana idade como para maiores.
O deputado delegado puxo en valor a pluralidade desta programación, que conta con recoñecemento a nivel nacional o que derivada en invitacións para explicar en distintos puntos de España, o perfil educativo desta oferta de actividades. Balado tamén resaltou a gratuidade dos cursos e engadiu que para a participación en calquera das actividades, os interesados débense poñer en contacto co departamento de didáctica de cada Museo ou a través da dirección de correo electrónico xerencia@museolugo.org.
Programación Escolar
A Rede Museística Provincial, a través do departamento de didáctica, pon a disposición dos centros escolares unha ampla programación coa idea de “fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos catro museos”, explicou Balado, quen engadiu que, “co apoio dos docentes que participaron en precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares de cada nivel”.
Programa extraescolar
A oferta de actividades da Rede Museística Provincial tamén abarca unha programación extraescolar deseñada incluso para bebés. Os interesados en participar deben inscribirse no Club Pequeamigos da rede e inclúe actividades que se imparten en todos os museos; así coma outras que se ofertan de xeito específico en cada un deles.
Programa de obradoiro de actividades
A maiores, a Rede Museística ofrece un amplo programa de obradoiros, tanto para maiores coma para a xente nova. Neste caso, os interesados deben inscribirse no Club Ei e no Club Senior, e inclúense obradoiros creativos e propostas que amosarán os catro museos dende unha perspectiva diferente e que permitirán descubrir que a cultura pode abrir innumerables portas á imaxinación, á innovación e á fantasía.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



