A CIG, sindicato maioritario no Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) na Galiza, reitera a denuncia a respecto do desmantelamento progresivo do servizo, que ten provocado que na actualidade as costas galegas estean practicamente desprotexidas fronte á entrada de drogas.
Henrique García Outeiral, delegado da CIG, critica que mentres os mandos do Servizo de Vixilancia Aduaneira insisten que nas costas galegas non hai perigo, “os datos revelan o incremento na entrada de droga polas nosas costas”. Así, explica, no que vai de ano son varias as aprehensións de buques con cargamentos destinados a Galiza: Coral I, con 1.500 kg de cocaína; Miguel Santos coa mesma cantidade; Onda Nazarena con 1.900 Kgs nun veleiro; Silver Back con 600 kgs tamén de coca; e dous mercantes con 6.500 Kgs de haxis.
Tendo en conta que as cantidades aprehendidas supoñen, segundo os expertos, o 15% do total de droga que entra pola nosa costa, os datos “son alarmantes. Estas operacións demostran que o tráfico de drogas está totalmente operativo na Galiza mentres se nos “vende” que o perigo está en Levante e Andalucía e que hai que desprazar os medios navais e aéreos para alí”, asevera García Outeiral.
Neste senso, lembra que unha base do SVA emblemática na loita contra o narcotráfico, como a de Vilagarcía, atópase nestes momentos cunha soa embarcación para patrullar a Ría da Arousa. Esta situación débese a que unha das dúas embarcacións de alta velocidade coas que contaba esta base (Colimbo) foi desprazada para Ibiza, “polo que se pode dar a circunstancia de que os narcotraficantes se atopen con total liberdade para facer o seu traballo comodamente”. Por exemplo, no caso de que a embarcación que queda na Ría de Arousa teña que parar por avarías ou por varada.
Con respecto á base de Vigo, a embarcación coa que conta estivo todo o mes de agosto parada por vacacións do persoal, quedando só a embarcación de Marín para a vixilancia das Rías Baixas. “Se a isto lle sumamos que a embarcación de Ribadeo e a de Muros son case inoperativas debido ás moitas avarías que acumulan ao cabo do ano pola antigüidade das mesmas, podemos concluír que agora mesmo estáselle a poñer una alfombra vermella aos narcos para que intenten inundar as nosas costas con droga”. Ao desprazamento da embarcación Colimbo, subliña Outeiral, tamén hai que sumar o avión e o helicóptero Dauphine.
Fronte a isto, a CIG volve demandar que non se desmantele o SVA en Galiza e que se incrementen os medios materiais e humanos, ao tempo que se insiste na necesidade de renovación do cadro de persoal do marítimo “posto que ten una media de idade moi alta”. Situación que a representación da CIG ten denunciado en diversas ocasións.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



