Santiago, 16 de setembro de 2015.- Durante o curso 2014-2015, máis de 1.500 alumnos e alumnas da provincia de Lugo realizaron prácticas de Formación Profesional en 1.235 centros de traballo, complementando así a formación que reciben na aula cunha máis vinculada ao mundo real na empresa.
A formación en centros de traballo (FCT) é un módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos que permite ao alumnado desenvolverse nun ámbito produtivo real, realizando actividades propias do perfil profesional para o que se está preparando. Deste xeito, e ademais de poñer en práctica e seguir afondando nos coñecementos adquiridos nos centros educativos, os rapaces e rapazas experimentan de preto o funcionamento dunha empresa, o que os prepara para o futuro mercado laboral. De feito, estas prácticas buscan favorecer e mellorar a inserción profesional dos mozos e mozas.
Ademais, a Consellería de Cultura e Educación leva investido máis de 8 millóns de euros desde 2009 para apoiar ao alumnado en prácticas nos seus desprazamentos.
Case 14.000 en Galicia e fóra
En total, 13.979 alumnos e alumnas realizaron o curso pasado formación práctica en 10.866 centros de traballo de toda Galicia e fóra da Comunidade; de feito 500 deles optaron polo estranxeiro. Isto supón algo máis de 5,5 millóns de horas empregadas no obxectivo de completar a formación dos estudantes, o que demostra tamén o compromiso e implicación do tecido empresarial galego coa xente moza.
No caso da comarca da Mariña foron un total de 316 centros de traballo os que acolleron a 403 alumnos e alumnas.
Cómpre recordar que estas prácticas en empresas son posibles grazas á ampla oferta de ciclos formativos que cada ano realiza o departamento educativo da Xunta, permitindo incrementar así a matriculación curso a curso. De feito, e segundo as previsións iniciais da Consellería, neste 2015-2016 matricularanse en torno a 53.400 alumnos e alumnas, o que suporía un 3,4% máis con respecto ao ano pasado.
Máis de 2.500 prazas para ciclos
No caso concreto da provincia de Lugo, este curso ofértanse 2.580 prazas para ciclos de grao medio (1.409 distribuídas en 55 ciclos) e de grao superior (1.171 distribuídas en 45 ciclos) de réxime ordinario.





















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



