Burela, 25 de setembro de 2015.- O vindeiro 5 de outubro darán comezo as Escolas Deportivas Municipais, que organiza o Concello de Burela e que se prolongarán ata o 27 de maio. Serán cinco as disciplinas que se impartan: patinaxe lúdico, tenis de mesa, bádminton, patinaxe artístico e ballet. As fichas de inscrición entregaranse na Casa do Concello do 28 de setembro ao 1 de outubro en horario de 8 a 14 horas. Desde a Delegación de Deportes advirten que “todo aquel rapaz ou rapaza, que non teña formalizada e entregada a ficha de inscrición non poderá asistir a actividade ata realizar dito requisito”. Nas Escolas Deportivas Municipais poderán participar os nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2010.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, sinala que “as actividades de patinaxe lúdico, bádminton e tenis de mesa serán totalmente gratuítas para os usuarios e serán impartidas polo técnico municipal de Deportes, Iván Cao Lucas”.
O edil socialista segue a relatar que “no caso do patinaxe artístico e do ballet van ser impartidas estas escolas por unha empresa, que foi a que gañou a licitación pública á que sacamos ese contrato, xa que na maneira en que se estaba impartindo e concedendo ese servizo por parte do anterior goberno non era a maneira máis axeitada. Non había un contrato público como debera ser, polo que se pode dicir que estaba nunha situación irregular da que xa fomos advertidos dende a Secretaría do Concello”. E engadiu que “o custe deste servizo que se nos marcou dende o departamento de Intervención Municipal foi de 12,71 euros ao mes, que é o prezo que van a ter que aboar os usuarios destas actividades”.
Ramiro Fernández Rey subliñou que “a intención desta Concellería é a de traballar para conseguir que todos os nenos e nenas de Burela podan practicar deporte de maneira gratuíta nestas actividades, pero desgraciadamente a situación económica do Concello de Burela non é a máis propicia para que isto poida darse, xa que as maioría das partidas orzamentarias estaban esgotadas cando tomamos posesión dos nosos cargos. Dende a Concellería de Deportes seguiremos traballando en mellorar as actividades que se impartan dende o Concello e xa estamos a traballar de cara ao ano próximo para poder abrir a posibilidade a máis deportes e actividades con que os nenos e nenas de Burela podan practicar deporte”.
A adxudicación das prazas das Escolas Deportivas Municipais farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. O 2 de outubro farase pública a lista de admitidos. Será na Casa do Concello.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
