Lourenzá, 25 de setembro do 2015.- A presidenta dos populares de Lourenzá e portavoz do seu Grupo Municipal, Emma Álvarez, esixiu este venres á alcaldesa socialista que ordene a reparación con urxencia da balaustrada de madeira situada na área do Ranchito, na entrada do pobo.
A popular sinala que o peche, que na actualidade está en mal estado, non é só ornamental, serven tamén para evitar a caída de persoas por un precipicio de considerable altura que se atopa ao carón dun parque infantil.
Emma Álvarez explica que, con esta actitude, o Concello está permitindo que se xere un risco innecesario para os veciños que pasan todos os días por este espazo e para os turistas que poidan visitalo, especialmente se temos en conta que os nenos son o público principal deste espazo.
A voceira popular, dun xeito construtivo, apunta tamén unha posible é rápida solución como pode ser notificar esta deficiencia aos responsables do Obradoiro de emprego, posto en marcha pola Xunta de Galicia e do que se beneficia Lourenzá, pois lembra que o seu proxecto é, precisamente, o tratamento e conservación de todo o mobiliario de madeira do concello, instándolle ao que o repare.
Sobre este particular os populares xa formularon unha petición expresa no pleno da semana pasada, por este motivo, xa non se trata de descoñecemento do equipo de goberno, unha vez máis a deixadez dos socilistas mantén esta situación que, dende o xoves pasado, nin o arranxaron, nin colocaron ningún tipo de sinalización que permita identificar o perigo que ten para os usuarios. No pleno rogábamos a Sra. Alcaldesa que o arranxara nun prazo máximo dunha semana, pero parece que a seguridade dos veciños, e sobre todo dos máis cativos non son unha prioridade para o equipo socialista que malgoberna Lourenzá. Hai que ter en conta que estes desperfectos están así dende finais de xullo.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



