Foz, 20 de setembro de 2015.- Foz Plataforma de Futuro ven de celebrar con éxito o seu Primeiro Congreso Ordinario os días 19 e 20 de setembro. Este Congreso levaba por título «Con ollada longa, valentía, responsabilidade e futuro».
Na apertura do Congreso tomou a palabra o actual portavoz da Plataforma Luis Alfonso Sixto Legaspi para facer un repaso da situación actual da Plataforma e felicitar a todos os participantes no Congreso pola súa asistencia e polo gran traballo que se fixo para facelo posible. Posteriormente debatíronse a definición política da Plataforma, as enmendas ós Estatutos, a definición organizativa, as directrices económicas ou o Estatuto do cargo público.
Deste Congreso saíron elexidos por unanimidade os cargos para a Coordinadora de Goberno da Plataforma. Unha elección á que se podía presentar calquer simpatizante mediante listas abertas e coa disposición de unha persoa un cargo. Quedaron proclamados despóis das votacións as seguintes persoas para os cargos da Coordinadora de Goberno da Plataforma:
Coordinadora Xeral:
Guadalupe Neira Luaces
Coordinador Secretario:
Ramón Manuel Rodríguez Piñeiroa
Coordinador Tesoreiro:
Ignacio Fernández López
Coordinadores de Área:
José Manuel Casabella Otero
Isabel Cabana Barrera
Javier Gil Cillero
María Jesús Díaz Cao
Desta Coordinadora de Goberno formarán parte os Concelleiros electos Luis Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luis González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández.
Tamén saíron elexidos os membros para os cargos de Defensor do Simpatizante e a Comisión de Garantías Democráticas.
Defensora do simpatizante:
Estefanía Otero Rivas
Comisión de Garantías Democráticas:
Miguel Barral García
Marcos Lastra Varela
Loly Sampaio González
A clausura do Congreso correu a cargo da recén elexida Coordinadora Xeral Guadalupe Neira Luaces, que apelou a todos os recén elexidos membros da Coordinadora de Goberno a traballar duro para facer da Plataforma un intrumento ó servizo dos veciños e veciñas de Foz, facer desta Plataforma un proxecto gañador para as seguintes eleccións municipáis. Rematou este Congreso con un gran aplauso e felicitacións ós membros da nova Coordinadora