Lugo, 21 de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación, Elena Candia, e o deputado delegado de Turismo, Carlos Armesto, presentaron este luns a XIX edición da mostra de artesanía Artesanfroilán Destino Artesanía, que abrirá as súas portas ao público o próximo venres día 2 de outubro, ás 17:30 horas, e terá continuidade ata o día 12. Consideran esta mostra como “un magnífico escaparate para a promoción e posta en valor do sector artesanal”.
A mostra, cuxa entrada é de balde, poderá visitarse en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 22 horas, na Praza Anxo Fernández Gómez, baixo unha estrutura temporal tipo stands, nos que exhibirán as súas coleccións 21 artesáns da provincia de Lugo cunha produción e creación propia.
Novidades da XIX edición de Artesanfroilán
O deputado responsable do Centro de Artesanía e Deseño, organizador da mostra, explicou que este edición do Artesanfroilán presenta unha serie de novidades. Por primeira vez os participantes non pagarán unha taxa polo uso dos stands. Ata agora os artesáns debían abonar 350 euros por expoñer a súa mostra. A maiores, estase a integrar a participación de representantes artesáns na organización da mostra co obxecto de crear unha “canle aberta, de participación e de comunicación permanente co sector artesanal, a través da que nos fan traslado das súas inquedanzas e suxestións, xerando un feedback necesario entre a entidade pública e o sector privado”, explicou Armesto.
O principal obxecto desta edición é promover unha liña de turismo activo ao redor dos obradoiros visitables, polo que á hora de seleccionar aos 21 participantes (que se elixirán entre as solicitudes recibidas segundo as bases publicadas no BOP do 10 e 11 de setembro), valorarase positivamente a aqueles artesáns que teñan abertas as súas instalacións para visitas guiadas. Polo tanto, por primeira vez desbótanse os criterios económicos como fundamento para a selección dos participantes.
A mostra reservase a artesáns da provincia de Lugo e xunto aos stands dos participantes, haberá tamén outro reservado para a organización onde, ademais da cumprida información sobre o sector artesanal lucense, tamén se facilitará material promocional de Artesanía de Galicia e información sobre a aplicación para dispositivos móbiles, os chamados ‘Obradoiros Abertos’. Esta aplicación permite acceder de xeito inmediato á información sobre artesanía en calquera punto.
Compromiso da Deputación co sector artesanal
O deputado asegurou que esta mostra é a evidencia do compromiso real da institución co sector ao que Armesto definiu de “suma importancia para a nosa provincia ao incidir positivamente nas áreas de emprego, medio rural, promoción da muller e medio ambiente”. Ademais, o responsable do Centrad considera a este sector como un “instrumento primordial na dinamización da cultura autóctona, promovendo a integración, a cohesión e autoestima da poboación e construíndo a atracción dun turismo de calidade”.
Na presentación celebrada este luns estiveron presentes representantes da Asociación proa de Viveiro, do colectivo da Mariña Obradoiros con Alma, da Asociación de Artesáns da Terra Chá, da Asociación de Artesáns Terra de Lemos, da Asociación Artellando, da Asociación Artelar e do colectivo da Cova da Moura da Montaña lucense.
Por último, a mostra Artesanfroilán Destino Artesanía, que supón un investimento de 23.900 euros, conta este ano coa colaboración da Xunta de Galicia a través de Artesanía de Galicia e da Asociación Galega de Artesáns.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



