Burela, 17 de setembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, asegura que tentou que as coidadoras do comedor do CEIP Vista Alegre foran subrogadas pola empresa que agora prestará ese servizo, pero que nunca obtivo ningún tipo de resposta por parte da Xunta ás súas peticións. Llano rexeita as acusacións realizadas nas últimas horas desde o grupo municipal do PP.
O rexedor subliñou que “no Concello de Burela dende que soubemos que había ese problema mantivemos moitas conversas coas propias traballadoras que estaban alí, no Vista Alegre; estivemos falando con elas e cos seus representantes sindicais e a intención nosa foi sempre que estas traballadoras tivesen a oportunidade de continuar traballando alí, aínda que non fora con contrato do Concello porque loxicamente nosoutros xa non pitamos nada alí dado que a Xunta de Galicia xa se fixo cargo do comedor do Vista Alegre a través dunha empresa de cátering”.
Llano explicou que “a miña intención foi sempre buscar unha solución axeitada e sobre todo procurando atender as demandas das traballadoras e intentei a través da Xunta de Galicia por todos os medios para que me puxeran en contacto coa empresa, para buscar unha solución conxunta. Pero a Xunta de Galicia, a pesar de que lle mandamos un documento onde solicitábamos todo tipo de información, non nos contestou absolutamente nada nin nos dixo cal ía ser a empresa nin que tipo de contratos pretendían facer. A información que solicitamos non nos foi enviada nunca e iso que xa o pedimos con bastante antelación”.
O alcalde burelés dixo: “que se pretenda agora dicir que nosoutros non nos movemos ou que tratamos de facer barullo con isto non é certo. En primeiro lugar, que non veña dicindo o PP que non estivemos falando coa xente nin que trate de desvirtuar o labor que fixen eu, dicindo que fixen conversas esperando no ascensor, cando non é certo. Foi todo nos despachos e cunha determinación clara e contundente: eu preguntaba cousas que tiñan que contestarme, pero nunca houbo unha axuda concreta e eficaz nese aspecto. Non tivemos nada de información, porque toda a que se solicitou non a conseguimos ata que a dirección do centro nola mandou, porque lla pedín eu persoalmente para ter algún documento que realmente xustificara que xa non tiñan que ir as nosas traballadoras alí. A dirección do Vista Alegre mandounos un documento onde figuraba o nome da empresa e que contaba co seu propio persoal para levar adiante o servizo. Enviáronnola en vésperas de empezar a funcionar o comedor no Vista Alegre. Ese labor tiña que telo feito a Xunta hai moito tempo para que dalgunha maneira procuráramos buscar unha solución, como puidera ser a subrogación destas traballadoras que estaban no Vista Alegre. Podía facerse dado que xa non podían seguir porque desaparece ese servizo municipal nese centro de ensino. Pero non foi posible porque non houbo ningún contacto dado que a Xunta non foi responsable nin sequera amable á hora de atender a nosa petición, que se fixo con moito tempo para poder facer algo en firme”.
Alfredo Llano insistiu: “a nosa intencionalidade sempre foi buscar unha solución para as traballadoras, coas que tivemos múltiples reunións. Non lles prometemos nada raro, eu xa lles dixen na primeira reunión que íamos procurar buscar unha solución dentro da legalidade e da obxectividade. Sempre lles dixen que íamos procurar axudarlles, pero sen prometerlles nada; nin tampouco lles dixen que ían seguir traballando na gardería infantil nin noutro servizo, porque é imposible. Nosoutros non vamos facer cousas raras, como posiblemente puideran facer outros. Nosoutros facemos todo obxectivamente e sempre cumprindo a lei estritamente. Así que en base a iso foi como actuamos, pero tamén había unha intencionalidade clara, contundente e rotunda de axudar a solucionar o problema que lles viña enriba ás traballadoras que estaban antes no Vista Alegre”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



