Burela, 17 de setembro de 2015.- O vindeiro xoves, 24 de setembro, haberá pleno ordinario no Concello burelés. Na orde do día figurarán asuntos coma a retirada da placa, que leva o nome de Jaume Matas, do paseo marítimo; a adhesión a un convenio coa xefatura provincial de tráfico para evitar desprazamentos a Lugo da cidadanía a realizar algúns trámites habituais; ou a regulación do uso e aproveitamento da praia do Penoural para que a poidan disfrutar os cans.
O rexedor, Alfredo Llano, dixo que “queremos eliminar a simboloxía do paseo marítimo dedicada a Jaume Matas. Non podemos consentir que se siga mantendo unha placa en homenaxe a unha persoa que utilizou a política e os cargos públicos para beneficio propio, tal e como quedou demostrado hai meses”.
Llano indicou que “outro dos asuntos que irá a pleno será “a adhesión a ese convenio con tráfico para evitar que a xente se desprace a Lugo a facer trámites normais e habituais como cambio de domicilio, etc… queremos evitar eses desprazamentos á capital da provincial, tal e como xa adiantamos noutra ocasión”.
No vindeiro pleno ordinario tamén se someterá a aprobación inicial “a ordenanza municipal de limpeza do concello de Burela. Estamos para facer o cambio de empresa. O contrato está caducado desde hai tempo. Non sabemos cal foi a causa pola que o último equipo de goberno seguiu con esta empresa cando a propia firma quería retirarse de aquí e case se pode dicir que o señor Barcia a obrigou a continuar e agora esa situación é insostible. Queremos contratar unha nova empresa. A ver si somos capaces de realizar todos os procesos e trámites e ter todo listo para finais de outubro”.
Finalmente na sesión plenaria da vindeira semana aprobarase a regulación do uso e aproveitamento da praia do Penoural: “hai unha demanda importante de veciños e veciñas de Burela que se teñen dirixido ao Concello para que se habilite un areal ao que poder levar aos seus cans. Estamos barallando que esa praia poida ser a do Penoural e que as mascotas a poidan empregar nun horario fora do uso habitual de baño, é dicir entre as oito da tarde e as dez da noite, por exemplo. Ademais no pleno tamén veremos algunhas modificacións que queremos introducir na ordenanza municipal de medio ambiente, entre outros asuntos”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



