Mondoñedo, 17 de setembro de 2015.- O anterior alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz, mantivo unha reunión o pasado 14 de maio de 2015 co comité de empresa para o recoñecemento da antigüidade do persoal laboral do concello de Mondoñedo. Ambas partes, concello e representación dos traballadores, manifestaban a súa conformidade en proceder ao recoñecemento da antigüidade do persoal laboral do concello.
Nesa reunión o concello comprometíase a valorar a súa implicación económica e a estudar o procedemento máis axeitado para levalo a cabo e ambas partes manifestaban a súa conformidade en que tal recoñecemento tivera efectos económicos a partir do 1 de xaneiro de 2016.
Este recoñecemento foi sustentado no informe elaborado polo servizo de recursos humanos da Deputación de Lugo a petición da alcaldía de Mondoñedo.
Considerando o exposto e entendendo que todo o persoal ao servizo da administración pública, e en concreto o das entidades locais, con independencia da natureza do seu vínculo xurídico e da duración deste, teñen dereito a percibir retribucións en concepto de complemento de antigüidade, o Grupo Municipal do BNG de Mondoñedo presenta esta moción para o vindeiro pleno que se celebrará o día 25 de setembro ás 20.00 horas, e onde se formula a seguinte proposta de acordo:
1º.- Recoñecer a antigüidade do persoal laboral do concello de Mondoñedo.
2º.- Contemplar nos orzamentos do concello a consignación económica necesaria para facer efectivo tal recoñecemento desde o 1 de xaneiro de 2016.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.