Mondoñedo acolle este domingo 13 de setembro, ás 12.00 horas, un acto fortemente vencellado á historia de Galicia: a ofrenda á Virxe dos Remedios, Patroa da Diócese de Mondońedo-Ferrol.
Nesta ocasión, o rexedor ao que lle corresponde levar a cabo a ofrenda é Gerardo Criado Guizán, alcalde de Vilalba; pero un ano máis, o acto contará tamén coa presenza de representantes do mundo institucional, académico, cultural e cidadán de toda a Diocese.
A alcaldesa mindoniense, Elena Candia, quere dar as grazas, de antemán, “a todas as persoas que o domingo van asistir a este acto. E tamén a todas as que, desde a comisión organizadora das Festas e desde a Diocese de Mondońedo-Ferrol, fan posible que esta ofrenda se siga celebrando coa solemnidade e a brillantez de sempre”.
Trátase dun acto que non ten para Mondońedo custo económico ningún, cousa especialmente importante nestes tempos de necesaria austeridade, pero que non por iso deixa de brillar con luz propia. A Ofrenda dos Remedios, que se leva a cabo no templo que no século XVIII reedificou o Bispo Sarmiento (un dos prelados ilustrados españois por excelencia), ten un lugar de honra no corazón de Galicia.