Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015. Dende a Federación Rural Galega (FRUGA), consideramos que o preacordo discutido onte no MAGRAMA, e asignado xa por algunha organización sindical, non supón ningún tipo de garantías de suba dos prezos, limitase única e exclusivamente a unha declaración de intencións similar o acordo asignado no ano 2012 entre certas organizacións sindicais e a propia consellería do medio rural e do mar.
En primeiro lugar unha verdadeira vontade tanto por parte do MAGRAMA, como do presidente da Xunta, pasaría por paralizar os contratos que temos que estar asignando os gandeiros nestes días, e que entran en vigor xa no mes de setembro. Estes contratos a parte de supoñer unha baixada, supoñen igualmente a introdución de certas cláusulas prexudiciais para os produtores e que se traducen en baixas encubertas dos prezos.
Outro aspecto que non contempla este preacordo pasa por que non existe ningún tipo de garantías en caso de incumprimento, se algunha das partes incumpre o acordado, isto tradúcese en que nin ten ningún tipo de sanción, co cal podemos asignar o que queiramos, pero despois non temos ningún tipo de garantía do seu cumprimento.
Tanto no que respecta a cadea de valor, como a definición de prezo sostible, non se pode limitar a un simple documento de boas intencións, é preciso unha definición máis concreta dos marxes que se aplican os distintos elos da cadea alimentaria.
A Federación Rural Galega, esixe das distintas administracións, compromisos serios, que permitan unha revalorización dos prezos do leite, e non botar balóns fóra, e trasladar estes problemas a outras administracións, como se está a facer dende a Xunta de Galiza, que co seu presidente a cabeza, responsabiliza o futuro deste sector a que as distintas organizacións asignen o acordo en Madrid.
Mentres isto non se logre, a FRUGA e o conxunto da súa afiliación continuará participando en todas as mobilizacións e accións que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego desenvolva para acadar ese obxectivo.
Elías Somoza, coordinador sectores gandeiros FRUGA.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



