O enunciado confundiunos e pensamos que se refería á poboación, universal, sen excepción, porque, ¿qué persoa non ten idade?. O Plan estabreceuse polas NN.UU.como Acción Mundial sobre o Envellecemento, en Asamblea Mundial celebrada en Viena en 1982. Fálase, pois, das persoas que chegan á vellez; e o alto organismo define así ás de mais de 65 anos. Ata o s. XIX, acadar isa idade era un privilexio: a esperanza media de vida non superaba os 50 . A ampliación do ciclo vital débese á mellora da calidade de vida e ós avances da medicina. É certo que nesta situación (na que se deixa de producir e sen dúbida empeora a saúde), a sociedade debe emplear mais recursos económicos e humanos na súa atención; é iste un principio universal. Pero, aínda tratándose dun proceso normal, pois débese a razóns biolóxicas, a vellez é algo que non se acepta coa naturalidade e a consideración desexables; e decimos isto porque mesmo as institucións recurren a expresións artificiosas para referirse a un colectivo ben definido: a vellez que, neste caso preténdese enmascarar co absurdo eufemismo de “persoas de idade”. No noso contorno está consolidada outra forma aldraxante: a “ Terceira Idade”Ó longo do periplo vital fumos neno, adolescente, xove, adulto…e agora, vello. Nunca alguen nos dixera antes que estabamos na primeira ou na segunda idade e de súpeto aparecemos na “terceira”, termo de connotacións cualitativas pexorativas: se mentamos o “terceiro mundo” falamos de pobreza e analfabetismo; se mercamos billete de “terceira” para o tren viaxamos no vagón menos confortable e se na carnicería nos dan “terceira” levamos ósos, graxa e pelexos….Somos, por razóns obvias, conscentes das limitacións, ás veces dramáticas, da vellez; pero non por idade ou estado físico/mental, a persoa é ”de terceira”: os valores humanos e a dignidade do individuo transcenden ás eventualidadesnome. : Superados ós 65 somos, sencillamentes, vellos Rexeitamos calquera outro apelativo..



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



