A Asociación Saiñas organiza para este sábado, 12 de setembro de 2015, a XI FOLIADA da Mariña que se desenvolverá na praza do Centro Cívico de Xove (baixo unha carpa).
A programación dará comezo ás 18.30 horas cun pasarrúas, mentres que ás 21.00 horas servirase unha cea popular con churrasco, tortilla, chourizo, bebida e pan. Os tickets pódense adquirir de xeito anticipado por un prezo de 7,50 euros en: Peluquería Rosa, Estética Marca e Click Informática. No lugar da foliada o prezo será de 9 euros.
A música volverá a soar despois das 23.00 horas para iniciar a foliada.
Colaboran o Concello de Xove e a Área de Cultura da Deputación Provincial.