Foz, 30 de outubro de 2015. Un concerto de piano, o ciclo Cine no Cenima e o teatro afeccionado enchen a axenda cultural focense no inicio do mes de novembro, tal e como detallou hoxe a concelleira de Cultura, Silvia Blach.
“O venres 6 de novembro ás 20:30 horas temos no Cenima música, un concerto de piano a cargo de Pedro Abelardo Rodríguez Pérez. A entrada é gratuíta e animamos a todos que vaian escoitar ese gran concerto de piano que imos ter alí”, anunciou a edil, quen engadiu que “o domingo 8 de novembro ás 18 horas temos teatro en Cordido, no local do centro cívico e con entrada gratuíta. Pertence ao terceiro Ciclo de Outono de Teatro das Parroquias. Vai participar o grupo de teatro O Batán coa obra Igualdade Virtual. É unha comedia moi entretida e animamos a todos a que vaian ver a obra”.
Silvia Blach tamén deu a coñecer que “ o xoves 12 ás 20.30 horas temos cine no Cenima outra vez, dentro do ciclo de cine que estamos proxectando estes días . Teremos As altas presións, unha película do 2014 dirixida por Anxo Santos Touza, que fala dun home que volta ao seu lugar natal, a Pontevedra, para buscar localizacións para unha película e reencontrase cos seus coñecidos, coa súa xente, e parece que deixa un pouco de lado o seu traballo para centrarse máis na xente que estaba ao seu arredor durante toda a vida. A entrada son 3 euros de nada. Abrimos a taquilla ás 20.00 horas e ás 20.30 horas realizamos a proxección”, explicou a concelleira.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



