Lugo, 20 de setembro de 2015.- Jose Manuel Balseiro salientou este martes que Lugo é a provincia galega que recibirá máis investimento por habitante da Xunta en 2016. O secretario xeral do Partido Popular lucense puxo de relevo este dato nunha primeira valoración das contas autonómicas para o ano próximo, que foron presentadas na mañá deste martes no Parlamento de Galicia.
“Os orzamentos de 2016 indican que a administración autonómica investirá 725 euros por lucense, a cifra máis alta de todas as provincias galegas”-recalcou Balseiro.
As achegas da Xunta superan amplamente, en case un 50%, o previsto para A Coruña e Pontevedra, con 502 e 460 euros respectivamente. Trátase tamén dunha cifra lixeiramente maior a prevista para outra provincia que ten un perfil económico e demográfico parello, Ourense, con 688 euros per capita.
Balseiro agradeceu que unha vez máis o Executivo autonómico “priorice o gasto nas provincias do interior fronte ás atlánticas” e, polo tanto, que “renove a súa aposta polo reequilibrio territorial” que o Goberno galego volve a materializar nos orzamentos autonómicos.
Partidas a salientar
Por partidas o secretario xeral lucense, destacou os 3,1 millóns de euros que o Goberno galego destinará á VAC Sarria-Monforte, os 5,8 millóns de euros que se destinan para a obra do auditorio de Lugo, ou os 6,1 millóns de euros para o remata do corredor da Costa Norte, entre Celeiro e San Ciprián.
En estradas tamén se contemplan actuacións na LU-213 entre Begonte-Friol-Palas con 120.000 euros, na LU-651 no Folgoso do Caurel, con 250.000 euros, ou para o acondicionamento da LU-124 entre Lindin, Cruza da Cancela a Riotorto e Vilameá, con 250.000 euros de orzamento. O Plan Paradai en Lugo disporá de 450.000 euros.
En materia sanitaria destaca a consignación de 1,8 millóns de euros para iniciar as obras contempladas no Plan Director do Hospital da Costa, en Burela, e en materia educativa destacan os investimentos para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón (523.885 euros) ou a ampliación do CEIP As Mercedes con 462.501 euros de orzamento. Salienta tamén as chegas de 2,3 millóns de euros para os camiños de Santiago, sinalización, promoción turística, infraestruturas e albergues.
Os primeiros orzamentos expansivos
Xa en clave xeral Balseiro destacou que, tras catro anos de orzamentos á baixa e dous nos que o Goberno galego foi quen de estabilizar o gasto, a Xunta presenta uns orzamentos expansivos “que crecen no seu conxunto, por primeira vez, desde que comezou a crise, no ano 2008.
Balseiro dixo tamén que as contas de 2016 incrementan a aposta da Xunta polos servizos públicos, “posto que as partidas do ámbito social medran en 282 millóns de euros, dos que preto de 200 irán destinados a educación e sanidade”.
Como conclusión Balseiro indicou que “son contas que incorporan unha das rebaixas fiscais máis intensas que nunca adoptara a Facenda galega, con medidas sobre o IRPF a eliminación do Imposto de Sucesións para o 99% dos galegos ou o Programa de Impostos Cero no rural, especialmente favorable para a nosa provincia”.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.