San Cibrao, 1 de outubro de 2015.- Estes días de mareas vivas acostuman remover as praias e sacar a luz tesouros ocultos que nos lembran a riqueza da nosa costa. Así, desde o Museo Provincial do Mar, pertencente á Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo, fan público o achado dun novo óso de balea que acrecenta a importante colección de restos de cetáceo que se gardan na institución sancibrense. Esta colección, recoñecida por diversos expertos como a máis importante de Galicia; vese así enriquecida por esta peza.
Aínda é cedo para realizar afirmacións categóricas pero as primeiras exploracións indican que se trata de parte dun cranio, posibelmente dunha época séculos atrás, descoñecéndose polo momento se pertence a un varadoiro ocasional ou se contextualiza dentro dun centro de caza mais amplo. Agárdase que proximamente sexa posible obter novos dados sobre a especie concreta e a época. De momento, a peza xa se atopa a bo recado no Museo Provincial do Mar e prontamente estará a disposición do público en xeral.
A institución provincial e a súa Rede Museística agradecen a colaboración cidadá que fixo posible este achado. Nomeadamente ao descubridor, Lito Souto Meilán, que a fotografiou xunto con Andrés Bourio e Victor Hernández; e a Teté Álvarez Varela quen notificou este descubrimento. Igualmente agradecen o apoio do Concello de Barreiros, sen o cal sería imposíbel a retirada e salvagarda desta interesante peza. Isto demostra, aseguran; o interese social pola conservación do patrimonio así como a gran valoración cidadá deste servizo público. Desta forma convidan aos veciños e veciñas da Mariña e do conxunto da provincia a visitar as súas importantes coleccións relacionados con o mundo da balea.
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



