A Mariña, 31 de outubro de 2015.- O BNG – ASEMBLEAS ABERTAS renovou nas pasadas eleccións municipais boa parte da representación institucional nos concellos da comarca, ademais do incremento no número de actas en relación ás anteriores corporacións pasando de 31 a 40, vinte catro son persoas que participan por primeira vez como representantes públicos. A formación nacionalista destacou a importantísima renovación na representación institucional nacionalista na comarca poñendo a disposición da veciñanza unha nova xeración de persoas novas, preparadas e dispostas a trasladar os problemas da xente ao campo institucional.
Corenta persoas a disposición da veciñanza ofrecer solucións e trasladar os problemas da xente aos concellos
Para a responsábel comarcal nacionalista, Ana Ermida, “é unha satisfacción saber que hai canteira con xente nova disposta a dar o paso e mollarse na tarefa de levar a voz e os problemas da xente aos concellos, na maioría dos casos de maneira altruísta, e disposta a deixar moitas horas da súa vida diaria polo interese xeral e por un ideal”. Ermida salientou, “ademais do incremento na representación obtida, a profunda renovación e a mocidade das novas concelleiras e concelleiros, nalgún caso mesmo asumindo responsabilidades de goberno como sucede nos concellos de Muras e Ribadeo”.
A formación nacionalista que concurriu nas pasadas eleccións municipais baixo as siglas “BNG-ASEMBLEAS ABERTAS” organizou unha xornada de formación dirixida a mellorar e acrecentar os coñecementos destas novas concelleiras e concelleiros sobre política municipal. Ana Ermida insistiu en que “desde xa, todas e todos están a disposición da veciñanza para canalizar ao terreo institucional todos aqueles problemas que nos queiran trasladar”.
O BNG lanza a precampaña da eleccións xerais integrado na coalición de base cidadá e política impulsada por IpU co nome de “Nós – Candidatura Galega”
A coalición electoral impulsada pola plataforma Iniciativa pola Unión, da que o BNG fai parte así como outras formacións políticas, organizacións sociais e persoas a título individual, está inmersa nun proceso de eleccións primarias para escoller as persoas que formarán as candidaturas que concorrerán as eleccións xerais do 20 de decembro coa marca electoral “Nós – Candidatura Galega”.
Trátase dun proceso de base cidadá, aberto e participativo onde calquera persoa, con ou sen militancia política, consciente da necesidade de que Galiza teña voz propia no Congreso sen tutelas alleas ao noso territorio, pode participar e mesmo presentarse para ir na candidatura polo simple feito de censarse dentro do prazo que remata o próximo 3 de novembro no espazo web aberto por IpU en censo IpU. Tamén está aberta a posibilidade de participar aos milleiros de mozas e mozos forzados a emigrar do noso país e a toda aquela xente interesada en traballar para mudar as políticas regresivas do goberno do PP no punto de vista social, e para defender cambios na profunda crise económica, de indentidade e capacidade produtiva que temos sufrimos nación galega.
A Plataforma Iniciativa pola Unión fará públicas as persoas que concorrerán ás eleccións primarias abertas o martes dous de novembro proclamando as candidaturas nas catro provincias que será sometidas a votación aberta a todas as persoas censadas para escoller as mellores o domingo 8 de novembro.
Na comarca da Mariña abriranse sete mesas electorais na maña do día oito entre as 11:00 e as 15:00 hrs. nas que se realizará o voto presencial, mais tamén son moitas as persoas censadas con residencia fora do territorio galego que participarán de maneira telemática.
As mesas electorais para as primarias abertas de IpU na comarca estarán nos seguintes concellos e enderezos:
· Viveiro: Conservatorio de Música. Travesía da Mariña S/N. votarán as persoas censadas de Viveiro, O Vicedo, Xove, Ourol e Muras.
· Burela: Casa da cultura. Rua Pardo Bazán, 6. Votarán as persoas censadas de Burela e Cervo
· Foz: Casa da cultura. Rúa de Lugo, 1. Votarán as persoas censadas dos concellos de Foz, O Valadouro e Alfoz
· Barreiros: Centro sociocultural Manuel Diaz Sampedro. Vila, 78 Bis, San Cosme. Votarán as persoas censadas dos concellos de Barreiros e Trabada.
· Ribadeo: Casa sindical. Av de Galiza, 20. Votarán as persoas censadas dos concellos de Ribadeo e A Pontenova.
· Mondoñedo: Casa da Xuventude. R/ Pacheco, 5. Votarán as persoas censadas dos concellos de Mondoñedo, Riotorto e Lourenzá.




















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



