Mondoñedo, 31 de outubro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, vén de anunciar a adxudicación da redacción do proxecto da Casa Museo de Cunqueiro á arquitecta Gloria Trigo. Candia subliña que o obxectivo do proxecto “ademais de por en valor a edificación, pretende ser unha lembranza viva ao ilustre escritor, polo que se tratará de que sexa un centro dinamizador e un proxecto cultural ambicioso”.
Entre os requisitos que establece o Goberno local figura que a arquitecta estableza contactos cos persoeiros do mundo da cultura para que poidan achegar ideas que enriquezan o proxecto.
Elena Candia explica que o proxecto de Casa Museo pretende que se poida contemplar cómo era, onde vivía e cómo traballaba o escritor, ao tempo que se fará unha aproximación á súa obra literaria. A proposta inclúe un café tertulia pensando para os veciños e veciñas de Mondoñedo e unha gastroteca, que afondará na gastronomía literaria do autor.
O proxecto
Desde o punto de vista construtivo tratarase de recuperar a integridade estrutural e compositiva da edificación na súa volumetría actual intentando non só conservar, senón mostrar as singularidades desta construción tradicional propia da zona e do tempo no que se realizou. Ao ser unha casa museo, reconstruíranse os espazos cos materiais, as luces e os obxectos que había cando estivo habitada por Cunqueiro para que o visitante se sinta no ambiente no que el vivía.
Unha parte da edificación ocupará os usos museísticos, recepción, sala de estudo e exposición e escaleira de comunicación. Desde esta zona accederase ao resto dos espazos: café tertulia, gastroteca e servizos asociados que se ubicarán na parte traseira da edificación, aberta cara o patio e con acceso desde este. Esta composición facilitará a entrada de mercancías para a gastroteca sen interferir na normal actividade do museo.
Desde o acceso posterior, situado a nivel da primeira planta, poderase entrar ao patio posterior e desde este, directamente á planta segunda a través dunha escaleira. É un espazo que, unha vez acondicionado, poderá servir como terraza ao exterior nos días cálidos.
A planta baixocuberta ocupará a totalidade do espazo expositivo, entre o que se fará unha reconstrución da habitación do escritor.
En detalle
Planta baixa. Será desde onde se accede ao edificio. Na recepción situarase a escaleira de acceso ás plantas superiores, coincidindo co tramo de escaleira existente no baixo cuberta e ocupando un espazo que xa tivo no pasado.
Café tertulia. Situarase na parte posterior da planta baixa. Os aseos e almacén estarán noutras plantas, obrigados polo escaso espazo. Preténdese crear un espazo íntimo que convide á conversa relaxada.
Planta primeira. Salas expositivas. O espazo expositivo habilitarase na parte frontal da edificación. Terá vistas á Catedral e amosará a obra de Cunqueiro desde a perspectiva da súa inspiración.
Servizos. Na parte posterior desta planta, sobre o café tertulia, habilitaranse os espazos de servizos que darán funcionalidade ao café tertulia e á gastroteca, situada na planta superior. Habilitaranse os aseos, accesibles como esixe a normativa, un almacén e un espazo destinado a cociña
Planta segunda. Espazo de estudo e exposición. Estará reservada para albergar novas mostras da obra de Cunqueiro, os seus manuscritos, as súas obras editadas, fotografías da súa vida, vídeos e entrevistas, entre outro material. Concíbese como un espazo de coñecemento e investigación no que poder afondar na súa historia e na súa obra.
Gastroteca. O espazo de degustación estará nesta planta na parte posterior da edificación e con acceso ao patio. A carta ofrecerá receitas dos pratos e das citas literarias que as inspiran.
Planta baixocuberta. Os espazos de Cunqueiro. É a planta na que se musealizará a súa vida. Vanse recuperar os cuartos nos que vivía, onde durmía e onde traballaba.
Para acometer o proxecto foi preciso ter en conta o estado da edificación e o programa que se pretende acometer. O orzamento total da obra ascende a 311.494,14 euros. O Goberno local ten asinado un convenio coa Deputación de Lugo para levar a cabo o proxecto, que se financiará ademais coas achegas doutras administracións.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



