O Vicedo, 26 de outubro de 2015.- Vicente César Parapar Carreja, concelleiro do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) , o abeiro do disposto no artigo 97.6 do RD 2568/1986, do 28 de novembro (Administracións Públicas), polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais veño a plantexar ós órganos de goberno o seguinte ROGO, en base ós motivos e consideracións recollidos na seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Entre os documentos a presentar polos rapaces e rapazas solicitantes de AXUDAS DE TRANSPORTE Ó ALUMNADO DO CONCELLO DO VICEDO QUE REALICE ESTUDIOS FÓRA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2014-2015), está a Fotocopia do DNI do/a solicitante, debidamente cotexada coa súa orixinal.
A realidade é que a maioría dos rapaces e rapazas que están en disposición de poder solicitar estas axudas están fora do concello durante toda a semana (veñen os venres pola noite e vanse os domingos pola tarde), o que implica que non están neste concello nos horarios de atención ao público do concello, co que lles resulta bastante complicado o cotexar a fotocopia do documento nacional de identidade a non ser que o fagan sen ser de xeito gratuíto.
A Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común di, no seu artigo 35. Dereitos dos cidadáns.
Os cidadáns, nas súas relacións coas Administracións Públicas, teñen os seguintes dereitos:
f) A non presentar documentos non esixidos polas normas aplicables ao procedemento de que se trate, ou que xa se encontren en poder da Administración actuante.
O REAL DECRETO 522/2006, de 28 de abril, polo que se suprime a aportación de fotocopias de documentos de identidade nos procedementos administrativos da Administración Xeral do Estado e dos seus organismos públicos vinculados ou dependentes di:
Artigo único.
Comprobación de datos de identidade nos procedementos administrativos.
1. Nos procedementos cuxa tramitación e resolución corresponda á Administración Xeral do Estado ou aos organismos públicos vinculados ou dependentes de aquela, non se esixirá a efectos de comprobación dos datos de identificación persoal, a quen teña a condición de interesado, a aportación de fotocopias do Documento Nacional de Identidade.
O disposto no paragrafo anterior será, así mesmo, aplicable ao documento acreditativo da identidade ou tarxeta equivalente dos estranxeiros residentes no territorio español, expedido polas autoridades españolas de conformidade co establecido na Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social.
2. A comprobación ou constancia dos datos de identidade dos que teñan a condición de interesado en ditos procedementos administrativos a que se refire o apartado anterior realizarase de oficio polo órgano instrutor, de acordo cos datos de identificación que obren nos seus arquivos, bases de datos ou outros fondos documentais.
3. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, nos procedementos para cuxa tramitación sexa imprescindible acreditar de modo fehaciente datos persoais incorporados aos documentos de identidade dos que teñan a condición de interesado, o órgano instrutor poderá comprobar tales datos mediante un Sistema de Verificación de Datos de Identidade. En todo caso será preciso o consentimento do interesado para que os seus datos de identidade persoal poidan ser consultados por este sistema polo órgano instrutor, debendo constar dito consentimento na solicitude de iniciación do procedemento ou en calquera outra comunicación posterior. A tal efecto, a prestación do consentimento do interesado poderá facerse constar expresamente no recibo de presentación da solicitude.
Si da comprobación efectuada resultara algunha discordancia cos datos facilitados polo propio interesado, o órgano instrutor estará facultado para realizar as actuacións procedentes para aclarala.
En calquera caso, si o interesado non prestara o seu consentimento deberá aportar fotocopia do documento ou tarxeta de identidade correspondente, sendo a non aportación daquéla causa para requirirlle de conformidade co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
É por isto que este concelleiro ven a plantexar ós órganos de goberno o seguinte
ROGO:
Se proceda, coa maior urxencia posible, a tomar as medidas oportunas para facilitar a solicitude destas axudas por parte dos rapaces e rapazas deste concello.
Unha proposta sería que os que xa as solicitaran en anos anteriores non tiveran que presentar a fotocopia do DNI cotexada en tanto non houbera modificacións ou variacións no mesmo.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



