Cervo, 1 de outubro de 2015.- A Sección de Baloncesto do Club Deportivo San Cibrao e o Concello organizan o primeiro Trofeo Concello de Cervo, que se celebrará o vindeiro sábado, 3 de outubro, no pavillón polideportivo de A Veiga, en San Cibrao. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; o delegado da sección de Baloncesto do C.D. San Cibrao, Roberto Santos Gutiérrez; e o presidente do club, César Díaz Criado.
O torneo supón o regreso a nivel competitivo do baloncesto de adultos a San Cibrao. “Levaba uns anos sen actividade nos adultos, aínda que o Concello dende o ano 2007 segue potenciando a práctica deste deporte, pero en categorías inferiores, ata os 12 anos. En canto ao torneo deste sábado disputarano 4 equipos, que son o Club Deportivo San Cibrao de Baloncesto; o Santo Domingo, de Betanzos; o Celtas de Foz, e o Carferlo Club Baloncesto, de Viveiro. O torneo empezará ás 11:30 horas da mañá. Pola mañá xogaranse as dúas semifinais e a partir das 16:30 horas o partido polo terceiro e cuarto posto e a continuación disputarase a final”, detalla o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.
“A entrada é totalmente gratuíta e haberá unha degustación bolos preñados e empanada a prezos populares e música en directo, a cargo de DJ Caixa, para darlle un pouco de auxe a este evento, ao que queremos invitar dende o Concello de Cervo a todos os veciños nosos e non só do municipio, senón de toda A Mariña e os que teñan a ben achegarse a ver este evento”, animou o edil. Ademais das actividades xa mencionadas, tamén se fará sorteo de agasallos, concretamente unha cámara fotográfica e unha cea para dúas persoas, e haberá viño de balde.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
