Ortigueira, 22 de outubro de 2015. O proceso para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Pesqueiro da Mariña-Ortegal ata 2020, iniciado hai dúas semanas, continuou onte cunha segunda rolda de mesas de traballo, celebrada na Fundación Ortegalia, en Ortigueira. Ao encontro asistiron preto de medio cento de profesionais, representantes dos sectores pesqueiro, social, económico e opúblico da zona, que de forma participativa definiron os obxectivos sobre os que se deben perfilar os proxectos de futuro no marco da Estratexia.
A sesión estivo estruturada en tres mesas de traballo, centradas no desenvolvemento do sector pesqueiro, do turismo e do patrimonio cultural e ambiental. Entre os obxectivos específicos abordados na xuntanza de onte, destacan a creación dunha imaxe de marca do territorio A Mariña-Ortegal, o incremento de novas iniciativas de transformación e comercialización, a instauración dun modelo organizativo que garanta unha pesca sostible, o aproveitamento dos descartes da pesca e o aproveitamento dos recursos ambientais e naturais da zona para actividades turísticas.
As entidades participantes incidiron na importancia da implantación de novas empresas de transformación vinculadas ao ámbito artesanal, con novas formas de conservación e envasado; e fixeron tamén apostas novidosas, como o arranxo dos elementos de mobiliario urbán da zona costeira, coa colaboración de entidades que persiguen a integración social de persoas con discapacidade. Campionatos gastronómicos ou rutas de pinchos son outras das iniciativas postas de relevo, co denominador común de integrar a diferentes axentes da economía local, como o sector pesqueiro, o conserveiro, o agrario e o hostaleiro.
O proceso remata o 4 de novembro en Celeiro
A elaboración da Estratexia é un proceso aberto, dirixído principalmente ás entidades do sector pesqueiro, institucións locais, organizacións e entidades sociais de carácter público e privado, así como á cidadanía en xeral. A elaboración desta Estratexia é de vital importancia para o futuro desenvolvemento da zona pesqueira, polo que a participación da cidadanía neste proceso é de gran relevancia.
O proceso conclúe o día 4 de novembro. coa realización dun Foro Final en Celeiro.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



