Burela, 29 de outubro de 2015.- A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela, presenta , dentro da Programación de Teatro no Outono ao Grupo de Teatro de Cangas de Foz, coa obra “Igualdade virtual“ de Francisco Piñeiro.
A represetación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Burela o vindeiro venres, 30 de outubro ás 21:00 horas. A entrada será libre e para todos os públicos.
O Batán nace como grupo na parroquia de Cangas de Foz, en febreiro do 2009, da man dun grupo de amigos para facer realidade un soño colectivo chamado Teatro.
No verán do 2009, participaron na Semana de Teatro do Concello de Foz e fixeron actuacións en outras localidades da Mariña Durante todo o 2010 representaron en infinidade de Concellos e participaron por primeira vez no Proxecto Teatral Buxiganga, coa obra “ A caída do Imperio” do director Francisco Piñeiro, colleitando un grande éxito alo por onde foron representala.
A súa segunda obra “Aparencias” estreárona en Cangas en xullo do 2010 e con ela participaron nos Circuitos de Buxiganga 2011, ademáis de representala noutros Concellos da Provincia, así como na Mostra Internacional de Teatro de Palas de Rei.
No verán de 2011 fixeron “ A forza dos soños” tamén de Francisco Piñeiro. Estreárona na Semana do Teatro de Foz, e con ela participaron de novo nos Circuitos de Buxiganga 2012. Estiveron tamén na Mostra Internacional de Palas de Rei, e no Festival de Teatro Cómico Vila de Sarria.
No ano 2012 estrearon “Cambadelas” , na Semana de Teatro de Foz, logo ante o seu público en Cangas e ao longo do ano por distintos concellos e parroquias da provincia de Lugo e de Asturias. Con esta obra participaron nos Circuitos Buxiganga 2013.
No 2014, contando coa inestimable dirección de Maria Paz Rodríguez Silva, a obra presentada en Buxiganga foi “Retiractivos”, estreada na Semana de Teatro de Foz.
“Igualdade virtual” é a derradeira obra do Grupo de Teatro O Batán. Nela , nos contan, que…”todos nacemos cuns atributos e cunha capacidade xenéticas que non podemos modificar, pero que ao longo da vida, botando man da mochila social na que imos gardando recursos, nos fan capaces de atenuar as diferencias que ainda perviven por razóns de sexo ou posición social.
Conseguir a igualdade real entre ricos e pobres, homes e mulleres… pode ser hoxe en día unha utopía, pero temos a obriga de loitar por ela ata pólo menos unha igualdade virtual …”.
Autor: Francisco Piñeiro.
Dirección: Mª Paz Rodríguez Silva.
Elenco : 6 actores/actrices.
Público: todos os públicos.
Entrada: libre.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



