22 de outubro de 2015.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra valoraron na tarde deste xoves, en rolda de prensa, os orzamentos da Xunta de Galicia para 2016, no relativo á comarca da Mariña lucense.
Aseguraron que as contas autonómicas para o ano próximo supoñen un “respaldo orzamentario significativo” aos grandes proxectos que a Xunta executa na Mariña.
Salientaron ámbitos como:
-As infraestruturas viarias e portuarias (o corredor, o acceso ao porto de Burela, a LU-124, os peiraos de Foz, Celeiro, Vicedo)
-As infraestruturas sanitarias e de benestar (a “prioridade absoluta” era poder iniciar as obras de remodelación e ampliación do Hospital da Costa, tras impulsar a tramitación técnica complexa, e farase realidade en 2016. Tamén hai achegas para os centros dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar e para rematar a nova residencia de Foz)
-Hai achegas importantes no ámbito educativo e cultural (ampilación do instituto María Sarmiento de Viveiro e apoios aos concellos polos que percorren os camiños de Santiago);
-Tamén no ámbito medio ambiental (saneamentos en Viveiro, Burela, nas rías)
-E no eido industrial (convenio con Alcoa, investimentos nos polígonos, axudas do Igape
As partidas de maior contía na provincia
Se tras coñecerse os orzamentos da Xunta en 2016, desde o PP destacaban que a provincia de Lugo é, entre as galegas, a que maior investimento por habitante recibe (con 725 euros por lucense) tamén aseguraron con satisfacción que A Mariña se beneficia de varias das partidas “máis elevadas do conxunto da provincia”, o que da imaxe do seu peso específico, como son, o corredor da Costa (6,1M€) e a obra de ampliación do Hospital (1,8M€)
Tamén salientaron os investimentos no servizo de Gardacostas, que ten base na nosa comarca (máis de 2M€) tras lembrar que o Goberno Feijóo duplicou a tripulación e operatividade dos helicópteros de salvamento ou as achegas previstas para o centro de investigación mariña de Ribadeo ou para completar ou mellorar equipamentos pesqueiros. (349.916 €)
Menos impostos, en especial no rural, e fomento da natalidade
Finalmente fixeron un repaso a outras actuacións que superan a simple análise numérica e que “serán especialmente beneficiosas para a comarca” como son a baixa de impostos máis ambiciosa que nunca antes ten realizado esta autonomía, contemplada nos orzamentos da Xunta (na parte autonómica do IRPF e no imposto de sucesións) o programa de fomento da natalidade (con axudas de ata 100 euros ou coa creación dun bono coidador, para aquellos concellos que non dispoñan de escola infantil) e o programa de impostos cero no rural (que elimina os impostos á practica totalidade das operacións relacionadas con fincas rústicas e explotacións gandeiras).
Como conclusión, e en opinión dos deputados do PP a valoración “non pode ser máis que positiva”, porque estamos diante duns orzamentos autonómicos feitos con criterio, axustados ás necesidades e aos proxectos máis importantes para os mariñáns, e que, ademais, son responsables e sensibles ao novo momento que vive Galicia.
A relación de investimentos pódese consultar en https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2015/10/orzamentos-2016.jpg



















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



