Viveiro, 30 de outubro de 2015.- Bernardo Fraga Galdo con domicilio a efectos de notificación en Avda. de Ferrol nº20 Entrechán 20-A, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, e conforme á lexislacion vixente, presenta ao Pleno da Corporación Municipal de Viveiro as seguintes:
PREGUNTAS
1. No pasado pleno do mes de outubro, a Alcaldesa anunciou a creación dunha comisión para tratar a circulación na Avenida de Cervantes. Ante o anuncio do inminente inicio das obras, cando ten previsto celebrarse a citada comisión?
2. A rúa Alonso Pérez(Camiño Vello), á súa chegada a Verxeles está novamente chea de fochancas, cando ten previsto o goberno municipal proceder á súa reparación.
3. En declaracións neste Pleno Municipal e aos medios de comunicación, o Goberno Municipal, anunciou o inicio da elaboración dos orzamentos para o ano 2016 no mes de setembro. Anuncio que como ven sendo habitual no Goberno do PSOE cando falamos de orzamentos municipais, era falso. Chegados ao mes de novembro continuamos sen noticias da elaboración dos orzamentos municipais en tempo e forma. ¿Cando ten previsto presentar o Goberno Municipal o proxecto de Orzamentos Municipais para a súa aprobación no Pleno?
ROGOS
1. Na beirarrúa entre Celeiro e Viveiro, non hai papeleiras suficientes para o seu uso por parte dos viandantes. Rogamos ao goberno municipal que se proceda a colocar máis papeleiras en dito tramo.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



