A compositora e cantora Ugia Pedreira xunto co artista bretón Pierrot Rougier e súa picariña Lua Avel chegaron ao característico pobo de Rinlo e alí faláronlles do desaparecido coro rinlego. Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxáronos e animáronnos á idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e mixto para a comarca e occidente de Asturies.
Recollendo diversos pareceres puxéronse mans á obra, co bo facer e entender da Asociación O Cantal de Veciños de Rinlo, é agora que se abre a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña que terá como local de xuntanza a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola indiana.
Faise pois unha chamada pública a quenes queiran animarse a cantar en grupo, xente com ou sen formación musical, profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico de anos que queiran compartir esta aventura artística carregada de paixon e esencia da zona, xente com distintos gostos musicais. Persoas unidas polo gosto de cantar en colectivo e criar un espazo conxunto para desfrutar da saúde que produce O Cantar. O Coro da Mariña é un espazo heterogeneo, un espazo de diversidade para todos os mariñaos e mariñanas que atencionará aos gostos eclécticos, as capacidades de cada quen e as necesidades individuais.
A temática do coro terá como fio conducto O mar, a súa poética e súa cultura, harmonías e melodías que teñan o mar como fonte de inspiración. Cancións de todos os estilos musicais que sexa do gosto dos integrantes. Desde pop-rock, música popular daqui, do mundo… Cancións en calquer idioma que sexa aceptado polos integrantes podendo dar lugar a traducción cando conveña. Repertorio variado non suxeito exclusivamente a partitura; técnica, arranxos vocais múltiples, atención á expresividade corporal, á interpretación, aos xogos vocais … serán dinámicas a vivir xuntos cantando. Calquer canción é en principio óptima para ser arranxada a voces por Pierrot Rougier e guiada pola técnica e experiencia escénica da Pedreira. Esta idea de coro expansivo como as ondas, adicado ao Mar é única e orixinal pola matriz do seu nascimento, dous artistas que queren viver na sua comarca desde o que son e podem dar e aportar en transparencia á sua comunidade. Polo tanto, causalmente aunanse como esencia e recordo a imaxe dos festivais de cantos de mariñeiros que ten Bretagne (diferentes pobos bretóns tán “hermanados” com diferentes lugares da Mariña) e que ten Galiza nas suas tabernas e nas suas músicas portuarias, dando forma a un coro mariñeiro único desde o norte da Mariña, mar por medio.
A Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento apoia este encontro de voces desde o horizonte mariñao porque é unha forma de indagar no pequeno movemento para crear unha grande aprendizaxen invididual e social. Porque o Coro da Mariña propón unha forma de cantar coral libre na voz e no movimento corporal, porque a arte é saúde. Porque en pensamento e acción este proxecto é continuum da vida mesma dos artistas sem desenhos de despacho em nome da cultura como etimoloxicamente tiña significado : como o Cultivo. Porque sabense do que produz a conciencia no desenvolvimento comarcal, na convivéncia social a través da música, na posta en valor do patrimonio interrelacionandoo con outros dando cabida a interxeneracionalidade de forma natural.
“Voces da Mariña”
Ugia Pedreira falou este luns sobre a iniciativa no programa “Voces da Mariña” de RadioVoz. A conversa pode ser escoitada nesta ligazón.
A presentación e primeira convocatoria de voces será o sábado 24 de outubro na Escola Vella de Rinlo (Concello de Ribadeo) ás 19.00 horas.
Os interesados e interesadas poden chamar ao teléfono 627 934 368.
Promove. O Cantal. Asociación de Veciños de Rinlo.
Colabora: Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



