Cervo, 23 de outubro de 2015.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, deu conta este venres da primeira reunión da nova etapa do Consorcio de Auga Burela-Cervo e destacou a mellora da calidade da auga “nun cen por cen” e o bo funcionamento das instalacións dende hai catro anos. O rexedor non ve necesario o dragado do embalse de Rúa porque o bombeo dende o de Riocobo xa garante o subministro para os dous municipios.
“Tivemos onte unha reunión do Consorcio da Auga Cervo-Burela, que xa leva catro anos de funcionamento, pero agora incorporáronse novas persoas ao Consorcio: tanto os representantes de Burela, Alfredo Llano e unha concelleira, como por parte de Cervo, onde imos estar a concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e eu mesmo. Nesta primeira reunión desta nova tempada aproveitamos para recordar cuestións que eu creo que é importante poñer en valor. Primeiramente, que o Consorcio de Auga de Burela-Cervo e as instalacións están a funcionar moi ben e dende que están en marcha podemos dicir que o nivel da calidade da auga mellorou case nun cen por cen, porque a maior parte dos procesos que agora se fan son novidosos e non se realizaban antes, cando non existía este Consorcio nin as estas infraestruturas, que foron financiadas pola Xunta de Galicia”, destacou o rexedor cervense.
Villares engadiu que “aínda que, sen dúbida ningunha, hai cousas que hai que ir mellorando creo que hai que poñer en valor o que temos: unhas instalacións que nos reportan unha calidade de auga como nunca a tivemos en Cervo e Burela, evidentemente con momentos puntuais nos que esa calidade pode non ser tan boa por motivo das choivas ou calquera outro, pero en momentos moi excepcionais”.
Tamén se tratou na reunión a situación do embalse de Rúa e o seu posible dragado, sobre o que o alcalde de Cervo manifestou: “eu comentei moitas veces dentro do foro do Consorcio que é unha proposta que agora mesmo nin é interesante nin vemos que teña ningún tipo de aspecto positivo nin para o almacenamento da auga nin da calidade da mesma. O bo que ten o funcionamento do Consorcio é que ao poder ter unhas bombas enchufadas no embalse de Riocobo iso garante que sempre haxa auga nos dous municipios, mesmo nas épocas máis estivais. A súa capacidade é case 600 veces superior á do embalse de Rúa e é o que nos garante que os veciños das dúas poboacións teñamos sempre auga. Ademais o custe que ten o bombeo dende Riocobo é entorno a uns 13.000 euros, que se paga case exclusivamente pola potencia da luz, non polo consumo. Ademais ese bombeo sérvenos para momentos puntuais, cando está moi turbio o encoro de Rúa para nese caso tirar do embalse de Riocobo, con augas máis limpas. Son 13.000 euros, que van moi por debaixo do que nos custaría dragar o embalse de Rúa. Ademais habería que tratar os lodos e durante todo ese tempo estaría o encoro inutilizado, para despois conseguir apenas nada, moi pouco volume máis de captación de auga, porque o que nos garante o volume de auga é sempre o embalse de Riocobo. Son aspectos que onte puxemos encima da mesa, aspectos importantes, para recordarlles ás novas persoas que se incorporan e darlles a idea aos veciños tanto de Cervo coma de Burela de que a calidade de auga que temos agora mesmo non ten nada que ver coa que tiñamos hai catro anos senón que mellorou nun cen por cen”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



