Lugo, 23 de outubro de 2015.- O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, sumose este venres á campaña de recollida de sinaturas que está a realizar o Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI) para presentar unha ILP no Congreso co obxectivo de modificar a lexislación en materia de dependencia e facilitar o acceso universal a estas axudas.
Campos Conde subliñou que “temos que protexer ás persoas que sofren unha discapacidade e teñen menos recursos, posto que están a ter serias dificultades para acceder aos servizos de dependencia logo de que o Goberno Central recortase en 1.400 millóns de euros os fondos para esta prestación nos últimos tres anos, feito que se suma ao copago dos fármacos ou das próteses”.
CERMI suma en Galicia, polo de agora, 15.000 sinaturas. No conxunto de España, xa supera as 500.000 necesarias para presentar a Iniciativa Lexislativa Popular coa que impulsar as seguintes modificación na Lei de Dependencia:
-Ampliar os factores que determinan esta prestación, tendo en conta a idade, momento vital de aparición da situación de dependencia e a súa maior ou menor prolongación ao largo da vida da persoa beneficiaria.
-Exención do copago a persoas con rentas por debaixo dos 1.331 euros, é dicir, que non superen o 2,5 do IPREM.
-Fixar unha aportación máxima por persoa que non sexa superior ao 60% do custo do servizo.
-Garantir ás persoas en situación de dependencia unha cantidade para destinar a custos persoais que non sexa inferior ao 40% da súa capacidade económica.
Facturas pendentes de pago
Noutro orde de asuntos e a preguntas dos xornalistas, Darío Campos salientou que a Deputación de Lugo deixou de ser a que máis rápido pagaba as súas facturas en Galicia co Goberno de Besteiro, pois a media de pago mensual era de entre 13 a 18 días, a situarse á cola ao facelo en 33-37 días nos últimos tres meses. O Presidente explicou que “o Executivo de Candia non priorizou o pago de facturas, habendo hoxe pagos pendentes de 3 millóns de euros. E non foi un problema de liquidez. Candia preferíu repartir 5 millóns de euros da Deputación entre Concellos do PP que pagar aos provedores da institución”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



