Burela, 30 de outubro de 2015.- Os concelleiros de Obras e Servizos e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Noelia Mª Ben, acompañados polo arquitecto municipal visitaron este xoves a estación depuradora de Malpica da man de Augas de Galicia. Alí coñeceron o funcionamento dunha EDAR compacta similar á que terá Burela.
O edil socialista contou que “fomos facer a visita que tíñamos comprometida con Augas de Galicia á depuradora de Malpica, que é parecida á que se ten previsto facer aquí,aínda que para menos poboación (7.000 persoas), en Burela. Foi unha visita moi didáctica, moi ilustrativa de cómo vai ser o futuro proxecto da EDAR de Burela. Explicáronnos perfectamente os detalles técnicos da instalación e os proles e os contras que teñen este tipo de depuradoras compactas con respecto ás convencionais”.
Ramiro Fernández Rey dixo que “nosoutros temos unha necesidade, que é mellorar a depuración de augas pois agora mesmo non estamos cumprindo ao cen por cen coas esixencias da Unión Europea, co cal temos que facer algo. Augas de Galicia é moi consciente do problema que temos en Burela e así nolo transmiten. Pero temos o problema dos metros cadrados que fan falla para esa instalación, xa que Portos denegou a petición feita desde o Concello para utilizar a explanada do porto e o único que nos admiten é cedernos terreos para a ampliación da depuradora que temos, co problema que isto supón en canto a custes. Iso, segundo explicaron os técnicos, evidentemente é un contratempo, porque estas instalacións necesitan espazo que no caso de Burela roldarían os 4.000 metros cadrados, cando deste xeito os técnicos din que se roldarían os 2.500 metros cadrados”.
O concelleiro de Obras e Servizos engadiu que “a de Malpica é unha depuradora compacta, que lle chaman así porque ocupa moito menos solo que unha depuradora convencional. E iso é, máis ou menos, o que se ten pensado facer aquí, en Burela. Entón van ter que aproveitar ao máximo o terreo dispoñible para facer unha depuradora compacta. O problema destas depuradoras é que son moito máis caras que as convencionais e que a xestión das mesmas tamén se encarece un pouquiño ao ter que usar moitos máis produtos químicos para facer o tratamento das augas”.
Ramiro Fernández sinalou que “isto é que o nos explicaron onte en Augas de Galicia, que están empezando a traballar no proxecto e segundo vaiamos avanzando no estudo do mesmo iremos analizando a situación e dende logo traballaremos para que as solucións que se dean por parte de Augas de Galicia sexan as máis beneficiosas para o conxunto dos veciños e veciñas de Burela”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



