Lugo, 1 de novembro de 2015.- Un total de 1.580 alumnas e alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato da provincia de Lugo cursan as materias de libre configuración autonómica propostas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2015/2016 ao abeiro da implantación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Segundo os datos recompilados polo departamento educativo da Xunta de Galicia, a que máis matriculados rexistra é Programación, seguido de Oratoria e Investigación e Tratamento da Información.
Por etapas educativas, en ESO impártense Educación financeira, con 28 matriculados na provincia; Investigación e Tratamento da Información, con 282; Oratoria, que acada os 285; paisaxe e sustentabilidade, con 48; Programación, con 450; Promoción de Estilos de Vida Saudable, que ten 225 inscritos; e Xadrez, que cursan 73 alumnos e alumnas.
No referido ao Bacharelato, Antropoloxía rexistrou 107 matriculados, Literaturas Hispánicas 24 e Robótica conta con 58 inscritos.
Cómpre lembrar que, a maiores destas materias, cada centro puido ofertar as súas propias materias para completar o horario lectivo, tanto en Primaria como na ESO e Bacharelato. O obxectivo é ofrecer aos centros de ensino unha maior autonomía á hora de axeitar a súa oferta educativa ás necesidades de reforzo de materias que perciben no seu alumnado.
Centros
A oferta de materias por centro para a etapa de ESO é a que se indica a continuación:
Educación financeira
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo
IES Ánxel Fole, Lugo
Investigación e Tratamento da Información
IES Lama das Quendas, Chantada
IES Plurilingüe San Rosendo, Mondoñedo
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción, Sarria
CPI San Tomé do Carballo, Taboada
CPI Tino Grandío, Guntín
IES de Quiroga, Quiroga
IES A Pinguela, Monforte de Lemos
IES Muralla Romana, Lugo
IES de Becerreá, Becerreá
IES Sanxillao, Lugo
IES Río Miño, Rábade
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, Ribadeo
Oratoria
IES Lama das Quendas, Chantada
IES Val do Asma, Chantada
CPR María Auxiliadora, Lugo
CPR La Inmaculada, Lugo
IES Lucus Augusti, Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo
CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, Navia de Suarna
CPI Luís Díaz Moreno, Baralla
CPI Dr. López Suárez, O Saviñao
IES Monte Castelo, Burela
IES Muralla Romana, Lugo
IES Poeta Díaz Castro, Guitiriz
IES de Monterroso, Monterroso
IES Pedregal de Irimia, Meira
IES Río Miño, Rábade
IES Fonmiñá, A Pastoriza
Paisaxe e sustentabilidade
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, Sarria
IES Enrique Muruais, A Pontenova
Programación
IES Lama das Quendas, Chantada
IES Lucus Augusti, Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo
IES Francisco Daviña Rey, Monforte de Lemos
IES Santiago Basanta Silva, Vilalba
IES María Sarmiento, Viveiro
IES Ánxel Fole, Lugo
IES do Camiño, Palas de Rei
IES Río Miño, Rábade
IES de Foz, Foz
Promoción de estilos de vida saudables
CPI Plurilingüe Virxe do Monte, Cospeito
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, Sarria
IES Vilar Ponte, Viveiro
IES Ánxel Fole, Lugo
IES de Monterroso, Monterroso
IES Río Miño, Rábade
IES Leiras Pulpeiro, Lugo
Xadrez
CPI Plurilingüe Virxe do Monte, Cospeito
IES Lama das Quendas, Chantada
IES Monte Castelo, Burela
IES A Pinguela, Monforte de Lemos
IES de Monterroso, Monterroso
IES Alfoz – Valadouro, Alfoz
No caso do Bacharelato, as materias impartidas distribúense nos seguintes centros:
Antropoloxía
IES Lama das Quendas, Chantada
IES Lucus Augusti, Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo
IES Gregorio Fernández, Sarria
IES Vilar Ponte, Viveiro
IES Monte Castelo, Burela
IES de Quiroga, Quiroga
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, Ribadeo
Literaturas hispánicas
IES Lucus Augusti, Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo
Robótica
IES Lama das Quendas, Chantada
IES Lucus Augusti, Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



