A efeméride ( 20 de novembro), data de 1954; a Liga de Nacións establece que “a Humanidade debe ós nenos o mellor que pode ofrecer”.Día para a comprensión entre os nenos, polo benestar e polos dereitos dos rapaces do mundo.
En 1971 celebrase en Foz a 1ª Feira da Arte Popular, iniciativa pioneira, á que acudiran artesáns de toda Galicia. Seguindo a pista a éstes soubemos que a Cidade dos Muchachos de Ourense, Bemposta, dispuña dun espectacular”stand” no que, á vista do público, mais de 50 artesáns dos seus talleres, producían e vendían pezas de alfarería, madeira torneada,zocas, serigrafía, coiro repuxado, forxa, cestos, encaixes de Camariñas… Un vello amigo franqueounos a porta doP. Silva ao que visitamos para solicitar del a presencia do stand na feira de Foz, que se consumou na inmediata de 1973. Moitos outros artesáns a título personal completaban a que foi a demostración artesà de magnitude nunca coñecida por estas latitudes, como a chantadina Elvira Rodriguez Osorio, entón a mais prestixosa tecelá de Galicia, con obra espallada por media Europa, en mans das mais importantes personalidades. Pepe de Burón, tallista focego, presentara a súa xenial imprenta Gutemberg, que, en madeira tallada, realizara a minerva e tipos de letra, imprimindo para os visitantes; algo tan exitoso e solprendente, por nunca visto.a a rede galega de telelclubs montara unha sensacional mostra con grande surtido de pezas orixinais, descoñecidas para o gran público. A novidade atraera exursións de provincias limítrofres.
Por primeira vez trala guerra civil, ondeaba en acto público e multitudinario, a bandeira galega que permañeceu nas tres edicións da feira cos atrancos e os riscos doados de maxinar…
O coro de 60 voces de Bemposta gravara un disco coa asistencia de músicos insignes, como o francés Frank Pourcel dirixindo, entre outras, a canción “ Os dereitos do neno”, peza singular que resume a filosofía que inspirara a obra do P.Silva., apóstolo na defensa e protección da infancia desvalida. Dí así: “1º tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. 2º: todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou .3º: todo neno é libre como o aire que respira, sempre que éste non estea contaminado. 4º: a verdade sae da boca dos nenos: todo neno ten dereito a comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. 5º: tódolos nenos deben pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor. 6º: todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. 7ª: todo neno é inocente ata que sexa declarado culpable de chegar a home. 8º : todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día…”.
P.D. : o día da visita a Bemposta para solicitar do P. Silva a presencia do “stand” na feira de Foz, celebràbase no Pavillón de Deportes das Burgas unha edición do “Certame da Canción do Miño” , ó que asistimos. Resultara trunfador/revelación da noite o que dende entón é unha figura da canción galega, daquela un mozo, descoñecido, mariñeiro de Moaña, chamado Xil Ríos.
Suso Fernández.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



