Medio cento de persoas celebrarán este xoves 12 de novembro un gran Magosto na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”. Neste festexo participarán os usuarios de tódolos dispositivos cos que conta a Asociación, e realizaráse na Unidade Residencial, localizada no Concello de Cervo.
Con motivo desta xuntanza pasaremos unha xornada divertida e lúdica mediante a realización de xogos populares e baile, todos en boa compaña. Sobre ás 14:00 celebraremos unha comida todos xuntos cun menú típico da estación na que nos atopamos e a degustación dunhas saborosas castañas asadas.
Coa celebración desta festa contribuímos a coñecer e manter as tradicións populares e tamén a traballar as habilidades sociais dos nosos usuarios, consolidar un grupo social de apoio e aprender a disfrutar do tempo de ocio, así como a mellorar súa a calidade de vida.