Lugo, 21 de novembro de 2015.- O Deputado Provincial, Pablo Rivera Capón, mantivo un encontro co Embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez, no que abordaron a comercialización de produtos lucenses na illa.
A proposta do Deputado foi moi ben acollida polo Embaixador, que, principalmente, está interesado na compra de derivados lácteos e cárnicos lucenses pola súa calidade; así como polos elevados custos que está a asumir Cuba pola importación desdes produtos. Ambos os dous falaron de novas fórmulas para a comercialización directa. Neste senso, o Deputado trasladou a situación dos produtores lucenses, que teñen perdas polo baixo prezo dos seus produtos, así como excedentes, feito que permite novos mercados.
Pablo Rivera indicou que o obxectivo é implicar directamente aos produtores na comercialización dos seus produtos para incrementar os seus beneficios e potenciar os seus negocios.
Visita á provincia o 1 de maio
O Embaixador aceptou a invitación do Deputado, e visitará a provincia de Lugo o 1 de maio. Pablo Rivera quere aproveitar a visita de Eugenio Martínez para manter un encontro con todos os axentes económicos interesados en participar na comercialización de produtos de Lugo en Cuba cunha implicación directa dos propios produtores.
O 1 de maio celébrase a Festa de Degustación da Terneira Galega de Láncara, na que participará o embaixador para coñecer de primeira man este produto.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



