19 de novembro de 2015.- “A Maruxaina e outras sereas” exposicion de esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas chega ao Pazo de Tor (en San Xoán de Tor) nas inmediacions de Monforte de Lemos. A inauguración terá lugar o proximo martes dia 24 de novembro ás sete da tarde.
Desde o punto de vista cultural estamos ante unha vella tradición entre as xentes que viven pendentes do Océano. Desde o punto de vista popular estamos ante unha festa de enorme concurrencia en pleno verán da Mariña.
Pero hai máis. É a eterna dualidade entre o ben e o mal, o xuízo popular ante unha lenda que fala da conduta dunha serea coas xentes que viven do mar; ata con xuízo na noite de Agosto, diante do pobo.
As cartas mariñas sempre indicaron a presenza das illas que deron lugar a San Ciprián, e nesas illas, entre aves mariñas, acantilados capaces de dar ao traste cos buques, vive unha muller que pode ser causa de medo ou de ledicia.
Na cova de Xan Belo, e tal como a describiu Luís Seranee en 1948, desde o seu exilio de Bos Aires, esa estraña criatura co seu candil, oculta pero facendo sentir a súa presenza, convértese nun mito que se transmite oralmente, de xeración en xeración.
É a feiticeira dunha Galicia medoñenta do alén, das profundidades e das galernas, que sabe dos cambios de carácter, do vento e do mar
Hoxe as deleidades son outras, de carne e óso, universitarias, capitáns de empresas multinacionais, enganchadas ao teléfono móbil e ao ciberespazo, pero moitas veces actúan como A Maruxaina.
Por todo isto e con todo esto, Otero Regal, Pablo Mosquera e Paco Rivas, argallaron esta exposición, estos textos, un libro e todo un seminario durante Xullo e Agosto, descatadas personalidades da cultura vinculadas A Mariña que disertaran en col de “A Maruxaina e outras sereas” da nosa mitoloxia particular.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



