A Sala Multicines de Viveiro proxecta este martes 10 de novembro ás 21.00 horas a película “Francisco: el Padre Jorge” sobre o actual Pontífice. Colabora neste acto a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, pois parte da recadación das entradas -por 5 euros- se destinará a fins benéficos. As entradas xa están á venda de xeito anticipado -tamén a través da web- dado que o aforo é limitado. Desde a Xunta de Confrarías animan a todos os públicos a asistir; por varias razóns: “porque a figura do noso actual Papa é un tema máis que suxestivo e porque, ademais, deste xeito nos solidarizamos co fin perseguido que é participar en temas de CARIDADE”.
