Cervo, 19 de novembro de 2015.- A situación económica do Concello de Cervo mellorou moito dende 1999 pois pasou de ter seis préstamos bancarios nese ano a só dous na actualidade.
A concelleira de Facenda, Dolores García Caramés, explicou este xoves que “datos fieis de que a situación da débeda bancaria mellorou nestes anos son que no 1999 o Concello contaba con 6 préstamos, cun total de débeda de 3.747.931,20 euros; tres de eles cun euribor do 0,35, outro cun 0,40 e os outros dous cun 0,45. Esa era a realidade que había en 1999, que viña do goberno municipal socialista dos anos anteriores; un exemplo é que do 1996 ao 1999 o Concello tivo que pagar 714.628,66 euros de intereses por eses seis préstamos”.
Dolores García engadiu que “en cambio a situación económica actual é moi distinta, despois de que os gobernos municipais do PP se marcaran como obxectivo durante os últimos anos baixar esa débeda contraída, este ano a cantidade de débeda é de 1.736.208,83 euros. Actualmente o noso Concello conta con dous préstamos, un cun euribor do 0,18, e de outro hai que destacar que non se pagan intereses e que nos últimos catro anos o Concello abonou de intereses 222.498, 86 euros, que é unha cifra moito menor que a da etapa de 1996 a 1999”.
A edil de Facenda rematou comentando que “a débeda baixou considerablemente e o máis importante é que non supón unha carga tan grande para as arcas municipais e desta forma o Concello pode contar con máis diñeiro para investir e responder ás necesidades do municipio”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



