CADERNOS DA VIAXE. Ven de presentar Albert Rivera as súas propostas de reforma constitucional : supresión do Senado e asignación das súas competencias a unha Conferencia de Presidentes Autonómicos que terían voto ponderado dacordo con cadansúa poboación e con competencias no financiamento autonómico, supresión do Consello Xeral do Poder Xudicial e asignación das súas competencias ao Presidente do Tribunal Supremo, reforma electoral, redución das competencias autonòmicas e derrogación da cláusula que permite transferirlle ás autonomías competencias exclusivas do Estado, supresión das Deputacións e redución á coarta parte dos concello.
As propostas do Rivera son claramente agresivas para Galicia. Na Conferencia de Presidentes Galicia só tería o 6% dos votos. Serían, pois, andaluces, madrileños e, quizais, cataláns os que resolverían as cuestiòns territoriais dacordo cos seus intereses. Galicia non tería posibilidades de acadar un sistema de financiamento xusto e automático que pondere con xustiza o avellentamento e espallamento da nosa poboación.
A supresión do 75% dos concellos é unha medida desenfocada. O que precisa o mapa local galego é consorciar os servizos locais, para poder prestalos a xeito. Os concellos e os concelleiros cumpren unha función de aproximación das Administracións locais ao territorio que na Galicia, coa metade dos núcleos de poboación do Estado, resulta imprescindíbel. En realidade, o erro de Albert Rivera é querer resolver o mapa local dende o Estado no canto de internalizar o réxime local a prol das autonomías, para que cada unha defina o que lle compre a cada un.
O sistema electoral proposto por Rivera penalizaría inxustamente as forzas de ámbito galego, ao esixir un mínimo do 3% no Estado para obter deputados. Esta reforma impediría, “de facto”, que as forzas galegas tivesen representación no Congreso.
Galicia repousa sobre uns alicerces económicos que para o Estado son totalmente prescindíbeis. Velaí a vinculación entre autogoberno e benestar. Se o sr. Rivera leva adiante o seu programa de reformas, os partidos galegos non terán representación no Congreso, os intereses de Galicia non serán respectados na Conferencia de Presidentes e o seu autogoberno limitariase substancialmente. Galicia será máis pobre e dependente.
Xoán Antón Pérez-Lema
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



