Burela, 14 de novembro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén continúa coa súa dinámica positiva trala vitoria no derbi irmandiño fronte a Santiago Futsal. Con 4-3, nunha cita de espectáculo e moito equilibrio sobre a pista, os de Daniel Ibañes conseguiron na tarde deste sábado tres puntos moi traballados; remontaron a contenda cunha segunda parte valente e intensa tras marchar ao descanso con 0-2 en contra.
Vista Alegre viviu uns primeiros compases de dominio laranxa, esperando o Santiago na súa pista; avisaron Jorge e Chano sobre a portería visitante. No minuto 5, o 11 burelista protagonizó a acción máis perigosa da cita ata o momento, que repeliu o pau. Con todo foi o Santiago Futsal o primeiro en adiantarse, no minuto 6, cun disparo de lonxe de Quintela que sorprendeu a Edu. Antes de cumprirse o ecuador da primeira parte, tiveron os mariñaos dúas oportunidades moi claras para empatar, Jorge Bellvert, tras recuperación de Iago Míguez, e Antoñito, nunha pelexa sobre a rede compostelana, que non superou a liña por milímetros. Rozando o minuto 16, a galopada de Chano, só ante Íker, viuse freada por decisión arbitral. Acto seguido, con cinco faltas para ambas filas, Edu estivo sublime, despexando coas mans, ante unha opción de ouro de Quintela. A falta de pouco máis dun minuto para o descanso, Antoñito, nunha posición privilexiada fronte a Íker, non puido recoller o pase de Mata desde a banda. Pelexou o Burela FS pola igualada con Chino abandeirar o xogo de cinco, pero a fortuna deulle as costas; Pablo Mel incrementou a distancia compostelana a 0-2, a porta baleira.
O segundo tempo arrincou con intensidade e precisión local. En tan só dous minutos, Iago Rodríguez puxo o 2-2 ante a ovación de Vista Alegre; superou primeiro á defensa santiaguesa para introducir o esférico pegado ao poste e pouco despois aproveitou o rexeite de Íker a unha boísima tentativa de Iago Míguez. No 24, Catela non puido matar o rexeite do naronés ante Quintela e volveron á carga os mariñaos; no minuto 26, Íker salvou o 3-2 desde o chan na embestida entre Chino e Isi, pero non puido facer nada ante o disparo afastado do incisivo Chano. Impasible mostrouse Edu rozando a medianía do segundo tramo, con Antonio Diz (minutos 29 e 31) e Quique (minuto 30). Desde saque de esquina, o pichichi laranxa, Chino, finalizou o 4-2, e reaccionou o Santiago con xogo de cinco, con Álex Diz, buscando con éxito oco na defensa burelista; Quintela anotou o 4-3 desde o centro. Pero os Daniel Ibañes continuaron no seu empeño goleador; Chano e Chino perdoaron a porta baleira. Trala expulsión de Quintela por dobre amarela, o Burela FS intensificou o seu avalancha ofensiva, aínda que non puido ampliar a brecha con Iago Míguez e Mata por arriba, Chano con Íker adiantado, e de novo Míguez ao corpo do meta compostelano.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chano, Jorge, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Chino, Isi, Iago Rodríguez, Matamoros
Santiago Futsal: Íker Antonio Diz, Hugo Sánchez, Mel, Santi, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Álex Diz, Quique, Quintela, Iván Rumbo, Dani M
Goles: 0-1, minuto 6, Diego Quintela; 0-2, minuto 19, Mel; 1-2, minuto 21, Iago Rodríguez; 2-2, minuto 22, Iago Rodríguez; 3-2, minuto 26, Chano; 4-2, minuto 33, Chino; 4-3, minuto 35, Quintela
Árbitros: Cid Bragado // Martínez Torres (Galicia). Por Burela amarela a Jorge (minuto 31) e Iago Míguez. Por Santiago amarela a Antonio Diz (minuto 8), Quintela (minuto 9 e 37), Quique (minuto 31) e Íker (minuto 33)
Incidencias: Partido correspondente á décima xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre, con ao redor de 1.100 afeccionados. Minuto de silencio en memoria das vítimas nos atentados de París.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
